AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA MEDIEVAL DE MACEDA 2017
15 de agosto de 2017. Maceda (Ourense)
Como en anos anteriores, as razas autóctonas galegas participarán na feira e mercado medieval de Maceda, que se celebrará o martes 15 de agosto. Os criadores Juan M Lage, Pilar Martínez, Concepción Gómez, José Manuel ...
RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE 2017
Silleda (Pontevedra).8-11 xuño 2017
· Pechouse una grande edición da Feira Semana Verde de Galicia. Houbo récord de participación con 51 criadores nos diferentes concursos das razas Galiña de Mos e das bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ...
MOITOS CONTACTOS EN SALIMAT 2017
Silleda (Pontevedra). 8-11 de xuño de 2017
No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" expuxeron productos das razas autóctonas os seguintes criadores: (FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS) · “GANADERÍA BALÍN” De ...
ÉXITO ROTUNDO NO RESTAURANTE TAPIRAZAS
Silleda (Pontevedra). 8 ao 11 de xuño de 2017
AS RAZAS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE (VÍDEO E FOTOS)
Semana Verde 2017. 8-11 xuño de 2017
• AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS TRIUNFARON EN GANDAGRO
Silleda (Pontevedra). Do 26 ao 28 de xaneiro 2017
AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO A RURAL 2016
Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 8 e 9 de outubro 2016
Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 8 e 9 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO LA RURAL, sito no Pazo de Feiras ...
AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DO POLDRO EN MURAS
25 de setembro 2016. Muras-Lugo
Esta fin de semana, o domingo día 25, a cita é no Concello de Muras onde se vai a celebrar unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte. Contaremos coa presencia ...
O RECEITARIO “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” TAMÉN SE PRESENTARÁ NA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA
29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.
O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España do ano pasado.
Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.
Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.