ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores. Os criadores que participaron coas súas marcas foron:
-“TIERRA CELTA”, de Porto do Son, A Coruña. Con produtos de raza Cachena
-“GALO CELTA” de Vila de Cruces, Pontevedra. Con produtos de raza Galiña de Mos
-“ GRANXA CASTRO DE MADROSENDE” de Vila de Cruces, Pontevedra. Con produtos de raza Galiña de Mos
-“GACARLI S. L.” De Xinzo de Limia, Ourense. Con produtos de raza Ovella Galega, Limiá, Cachena, Caldelá, Vianesa, Frieiresa e Galiña de Mos.
-“GRANXA O´AGRO” de Vimianzo, A Coruña. Con produtos de raza Galiña de Mos.
-“GANDERÍA TRAS DO RÍO” de Ortigueira, A Coruña. Con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.
-“GANDEIRÍA JUAN M. LAGE” de Maceda, Ourense. Con produtos da raza Caldelá.
-“RAMÓN VÁZQUEZ” de Monforte de Lemos, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos
-“CACHENAS DE SAN BREIXO” de Triacastela, Lugo. Con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.
-“GRANXA CHOUSA DO LEA” de Castro de Rei, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos.
-“GRANXA AVES DO CONCELLO” de Vilalba, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos.
No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.
CATRO CRIADORES DAS NOSAS RAZAS PARTICIPARON NAS X XORNADAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS ORGANIZADAS POR FEDERAPES.
Decembro 2015-Ourense
O día 10 de decembro celebráronse en Ourense as X xornadas de razas autóctonas españolas na que se abordaron distintos temas sobre a situación das razas autóctonas en perigo de extinción, e onde participaron en ...
ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO EXPOLUGO 2015
Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS SERÁN AS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO 2015
Lugo. días 3 e 4 de outubro de 2015
Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 3 e 4 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO, sito no Pazo de Feiras e Congresos ...
AS AUTÓCTONAS NA FESTA MEDIEVAL DE MACEDA
SÁBADO, 15 DE AGOSTO DE 2015
As autóctonas de Maceda tamén quixeron participar desta Festa Medieval. O Concello de Maceda conta con máis de unha ducia de explotacións adicadas a cría de razas autóctonas en perigo de extinción. A implantación de ...
PRODUTO VENDIDO EN SALIMAT
O 19º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT pechaba con unha importante afluencia de público especialmente na xornada do domingo día 15. Os visitantes podían mercar, nos stands que puxemos a disposición dos nosos gandeiros, carne ...
TAPIRAZAS. NOVO ÉXITO DE PARTICIPACIÓN
Un ano máis, a federación puxo a disposición de todo o público da Semana Verde o restaurante TAPIRAZAS, exclusivamente adicado ás autóctonas. Co bo sabor de boca que nos deixou a pasada edición, desta volta fomos ...
MENÚ DEGUSTACIÓN DE AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS
BOAGA presenta por terceiro ano consecutivo TapiRazas, un restaurante de tapas ubicado como en pasadas edicións no interior do pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda. Donde o cociñeiro Antonio Díaz Calvo (de restaurante ...