ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO

[ROCÍO GARRIDO PRESENTARÁ “COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS” NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO - uploads/9/news/portada_autoctonas_2.jpg]

03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente farase a firma de libros.

Unha das librerías participantes na feira, a Libraría Pedreira, terá á venda exemplares de "Cociñando Coas Razas Autóctonas"

Nota de prensa

O receitario, editado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, conta cun dos premios Gourmand World Cookbook de 2012, galardóns de ámbito internacional cos que se distingue a produción editorial gastronómica e que recoñeceron esta publicación como a mellor de cociña sostible de España.

Cociñando coas razas autóctonas inclúe receitas elaboradas pola propia autora con carnes de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Ovella Galega, Cabra Galega, Galo Mos, Porco Celta, Cabalo de Pura Raza Galega e as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. No receitario tamén vén o modo de preparación de varias larpeiradas elaboradas a base de leite, ovos e queixo fresco, todos produtos secundarios derivados das devanditas razas.

Rocío Garrido Caramés (Sanxenxo, 1976) é afeccionada á cociña e editora do blog La cocina de mi abuelo.


Limpar

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA MEDIEVAL DE MACEDA 2017

15 de agosto de 2017. Maceda (Ourense)
[AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA MEDIEVAL DE MACEDA 2017 - uploads/9/news/img_20160814_122052_dKyBpli.jpg]

Como en anos anteriores, as razas autóctonas galegas participarán na feira e mercado medieval de Maceda, que se celebrará o martes 15 de agosto. Os criadores Juan M Lage, Pilar Martínez, Concepción Gómez, José Manuel ...

Ler Máis »

RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE 2017

Silleda (Pontevedra).8-11 xuño 2017
[RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE 2017 - uploads/9/news/fot_-familia_-premiados-silleda-2017.jpg]

·      Pechouse una grande edición da Feira Semana Verde de Galicia. Houbo récord de participación con 51 criadores nos diferentes concursos das razas Galiña de Mos e das bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá ...

Ler Máis »

MOITOS CONTACTOS EN SALIMAT 2017

Silleda (Pontevedra). 8-11 de xuño de 2017
[MOITOS CONTACTOS EN SALIMAT 2017 - uploads/9/news/img_3220.jpg]

No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" expuxeron productos das razas autóctonas os seguintes criadores: (FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS) ·         “GANADERÍA BALÍN” De ...

Ler Máis »

ÉXITO ROTUNDO NO RESTAURANTE TAPIRAZAS

Silleda (Pontevedra). 8 ao 11 de xuño de 2017
[ÉXITO ROTUNDO NO RESTAURANTE TAPIRAZAS - uploads/9/news/restaurante-tapirazas.jpg]
Este ano o restaurante Tapirazas foi un fervedoiro de comensais!, tanto que nos 4 días das degustacións superáronse as previsións de anos anteriores, e agotouse a mercancía. Máis de 1000 menús foron servidos polo cociñeiro ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE (VÍDEO E FOTOS)

Semana Verde 2017. 8-11 xuño de 2017
[AS RAZAS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE (VÍDEO E FOTOS)  - uploads/9/news/video-resumo-semana-verde.png]
No seguinte video resumo, pódense ver as actividades da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA na Feira Internacional Semana Verde. Está editado pola canle de internet vacatv.tv de Transmedia Comunicación. ENLACE A VÍDEO RAZAS AUTÓCTONAS ("As ...
Ler Máis »

• AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS TRIUNFARON EN GANDAGRO

Silleda (Pontevedra). Do 26 ao 28 de xaneiro 2017
[•	AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS TRIUNFARON EN GANDAGRO - uploads/9/news/1.jpg]
As razas autóctonas tiveron un gran protagonismo na feira profesional GandAgro, celebrada en Silleda. Destacaron nunha carpa habilitada específicamente, pasando máis de 20.000 persoas a visitarnos, establecendo moitos. O sábado fixemos unha degustación de produtos ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO A RURAL 2016

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. 8 e 9 de outubro 2016
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS E OS SEUS PRODUTOS PROTAGONISTAS NA FEIRA EXPOLUGO A RURAL 2016 - uploads/9/news/14434865_1216768185032224_2823483980460925421_o.jpg]

Este fin de semana, e con motivo das festas de San Froilán, os días 8 e 9 de outubro vaise celebrar en Lugo outra edición da feira EXPOLUGO LA RURAL, sito no Pazo de Feiras ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DO POLDRO EN MURAS

25 de setembro 2016. Muras-Lugo
[AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DO POLDRO EN MURAS - uploads/9/news/feira-do-poldro-en-muras-25-de-setembro.jpg]

Esta fin de semana, o domingo día 25, a cita é no Concello de Muras onde se vai a celebrar unha nova edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte. Contaremos coa presencia ...

Ler Máis »