PROMOCIÓN DAS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS NO COLEXIO MONTE BALIÑO DE PANTÓN.

8 de maio 2018. Pantón (Lugo)
[PROMOCIÓN DAS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS NO COLEXIO MONTE BALIÑO DE PANTÓN. - uploads/9/news/32073147_1195626563900594_4944344940743229440_n.jpg]

O 8 de maio, Ramón Vázquez (criador das razas Cachena, Ovella Galega e Galiña de Mos e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona),participou no programa de radio “Monforte na Onda” e foi entrevistado por Manola Porto, de Onda Cero Monforte de Lemos, entrevista que se fixo no colexio Monte Valiño de Pantón. Falou xunto con outros produtores da súa experiencia e a iniciativa coas razas autóctonas, aos nenos e nenas que estaban moi atentos ás explicacións. Podedes escoitar a entrevista (a partir do minuto 46:45) nos seguintes enlaces: http://www.ondacero.es/…/monforte-na-onda-08052018_20180508… 
http://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/