Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

[Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas - uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg]

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, a carnicería, a venda delicatessen e o turismo, ademais de medios de comunicación. Tratouse dun acto exclusivamente profesional coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural, coa colaboración de Boaga e Puraga, co obxectivo de promocionar de forma conxunta todas as razas e impulsar o consumo e a comercialización da súa produción.

A parte máis atractiva da xornada foi a completa degustación de pratos elaborados con carnes destas razas polos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, baixo a dirección do profesor Rafael Brantuas; Boaga encargouse de contactar cos criadores para abastecer aos cociñeiros das distintas pezas solicitadas. Integraron o menú estas 11 propostas culinarias: sopa de Galiña de Mos con castañas asadas, Galo de Mos en escabeche con follas frescas, tirabuzóns de presa de Porco Celta con mollo de boletos, Cordeiro de Ovella galega con mollo de améndoas, cabrito de Cabra Galega á cazadora con ceboliñas, poldro de Cabalo Galego ao viño de mencía, roastbeef de tenreira Cachena, tacos ao allo de tenreira Caldelá, tenreira Frieiresa ao caldeiro, carbonada de tenreira Limiá e carpaccio de tenreira Vianesa.

O xantar foi inaugurado polo daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e conforme se ía servindo cada prato, os técnicos das asociacións de criadores de cada raza explicábanlles aos comensais as principais cualidades do produto.

O programa deste evento incluíu ademais unha serie de charlas técnicas previas á degustación. A sesión comezou cunha presentación das características morfolóxicas e cárnicas das razas autóctonas galegas a cargo do director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, quen na súa intervención destacou que para que exista unha demanda destes produtos é fundamental que antes se dean a coñecer.

Seguidamente interveu Constantino Bragado, mestre carniceiro do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), que falou das novas orientacións no comercio minorista de carnes e insistiu na necesidade de adaptarse aos tempos e buscar a profesionalización tanto dos gandeiros coma dos transformadores industriais e do persoal técnico das oficinas. No terceiro relatorio da mañá tamén participaron traballadores do Ceteca. Daniel Franco, responsable do Laboratorio Físico-Químico, e José Manuel Lorenzo, responsable do Laboratorio de Cromotografía, profundaron nas calidades da canal e carne das razas autóctonas galegas e nos aspectos prácticos para unha correcta maduración e conservación; tras a explicación levaron a cabo unha cata de lombo de poldro para testar a aceptación deste produto entre os consumidores.

A quenda de conferencias rematou coa cooperativa galega Monte Cabalar e a presentación que fixo dun novo salchichón preparado con carne magra de poldro e touciño de Porco Celta, salientable pola pouca cantidade de graxa, a riqueza en omega 3 e o suave sabor a caza.

Ao longo deste día, o recinto feiral mantivo unha exposición de varios exemplares de autóctonas no exterior, e da carne crúa destes animais e mais de folletos informativos, catálogos e revistas no interior das instalacións.


Limpar

A CABRA GALEGA NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2016

18 setembro 2016. Merlán- Chantada
[A CABRA GALEGA NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2016 - uploads/9/news/2016-09-09-212654.jpg]

A cabra Galega estará o día 18 de setembro nunha nova edición da Festa da Cabra de Merlán, que igual que en anos anteriores organiza a Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, en ...

Ler Máis »

A CABRA GALEGA NO “I ENCONTRO COA HISTORIA”

Mosteiro de Caaveiro, días 20 e 21 de agosto 2016
[A CABRA GALEGA NO “I ENCONTRO COA HISTORIA” - uploads/9/news/cartel-i-encontro-coa-historia.jpg]

No concello de A CAPELA van a celebrar o “I ENCONTRO COA HISTORIA. O PREÁMBULO”. Unha volta aos orixes que nesta ocasión vai a contar con exemplares de CABRA GALEGA procedentes da explotación -dun dos ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS VOLTAN POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO A MACEDA

Festa Medieval de Maceda. 13 e 14 de agosto 2016
[AS RAZAS AUTÓCTONAS VOLTAN POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO A MACEDA - uploads/9/news/1164-d-cartel-medieval-20161.jpg]

Esta fin de semana de agosto as razas autóctonas voltarán á “FESTA MEDIEVAL E GASTRONÓMICA DE EXALTACIÓN DE CARNE DE TENREIRA AUTÓCTONA DA ZONA”, onde haberá unha exposición de gando autóctono e participarán os criadores ...

Ler Máis »

A CABRA GALEGA E AS SÚAS PRODUCIÓNS EN VÍDEO

xullo 2016
[A CABRA GALEGA E AS SÚAS PRODUCIÓNS EN VÍDEO - uploads/9/news/imaxe-cabra-galega.png]

Queremos presentarvos o novo vídeo promocional da Cabra Galega que se fixo da nosa raza autóctona. O link para poder visualizalo é o seguinte VIDEO CABRA GALEGA Ademais tamén no menú lateral dereito da páxina ...

Ler Máis »

GRAN PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2016

Salimat 2016- Silleda. (9-12 xuño de 2016)
[GRAN PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2016 - uploads/9/news/dsc_0370.jpg]

No 20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT celebrado neste ano 2016, 15 produtores das nosas razas autóctonas presentaron os seus produtos en postos e neveiras frigoríficas para promocionar as súas propias marcas. Establecéronse moitos contactos. ...

Ler Máis »

NOVO ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS

Salimat 2016. Silleda (9-12 de xuño de 2016)
[NOVO ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS - uploads/9/news/dsc_0324.jpg]

O restaurante Tapirazas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, na feira Semana Verde, contou durante catro días cos produtos das nosas 8 razas autóctonas. O interés foi espectacular xa que o menú se ...

Ler Máis »

EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E RESULTADOS DOS CONCURSOS DE VACÚN SEMANA VERDE 2016

SEMANA VERDE - SILLEDA (9-12 xuño de 2016)
[EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E RESULTADOS DOS CONCURSOS DE VACÚN SEMANA VERDE 2016 - uploads/9/news/img_0832.jpg]

Durante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, foron moitas as actividades e promocións que se fixeron coas nosas razas autóctonas galegas. Houbo coma en anos anteriores exposición de animais vivos das razas ...

Ler Máis »

O ESCAPARATE DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.

Feira Internacional de Galicia-Silleda. do 9 ao 12 de xuño de 2016
[O ESCAPARATE DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS. - uploads/9/news/cartel_semana_verde_2016.jpg]

BOAGA ven de organizar para a sección de gandeiría desta edición da FEIRA ABANCA SEMANA VERDE 2016, unha exposición de exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega e Frieiresa. En vacuno realizaranse os seguintes concursos: ...

Ler Máis »