O sábado día 19 de abril de 2014, celébrase a “V Feira de Artesanía e Produtos da Zona” en Triacastela-Lugo. A partires das 10 da mañá na Praza do Consistorio, poderanse visitar os postos cos productos galegos, no que participan criadores das razas representadas nas asociacións pertencentes a BOAGA.
Ganadería Gayo (José Gayo), cun posto de productos cárnicos da raza Vianesa, Roberto RaposoDíaz con exposición de animais vivos da raza Galiña de Mos, e Cachenas de San Breixo (Jordi Ánguez) criador da raza Cachena e da Galiña de Mos e con promoción da súa ganadería e mais venda de peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega e do libro “Cociñando Coas Razas Autóctonas”.
A Feira está organizada polo Concello de Triacastela, a Asociación de Mulleres Rurais “Tres Castros”, e a Asociación de Artesanas deo Tear “Artelar”.
29.07.2013. Este xoves 1 de agosto, ás 18.30 horas, Rocío Garrido Caramés, acompañada por membros do equipo técnico da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Baoga presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na 42ª edición da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar nos xardíns Méndez Núñez da cidade herculina e que se extenderá desde o día 1 ata o próximo 11 de agosto.
Hoxe día 24 de xullo de 2013, publicouse no BOE , o Real Decreto 505/2013, de 28 de junio, por el que se regula el uso del logotipo “raza autóctona” en los productos de origen animal.
Este logotipo ten carácter voluntario, poderán utilizalo as asociacións de criadores de animais de razas autóctonas oficialmente recoñecidas e que o soliciten (condicións no anexo II), é compatible con outros etiquetados facultativos (según condicións art 4 do RD 505/2013).
As características así coma os contidos mínimos para redactar o prego de condicións de utilización do logotipo están recollidos nos anexos I e II do Real Decreto.
Descargar PDF Real Decreto 505/2013
03.07.2013. Este domingo 7 de xullo, ás 19.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu libro de receitas Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Vigo, na Alameda - Praza de Compostela. Posteriormente farase a firma de libros.
O pasado día 13 de xuño tiña lugar no recinto feiral de Silleda o primeiro certame morfolóxico que se celebraba de exemplares de raza Vianesa. En primeiro lugar quedaba a vaca de nome Perla, da explotación de ...
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA en colaboración Escola de Hostelería IES VILAMARÍN presentan no XVII SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT, unha tapería con razas autóctonas galegas.
06.06.2013. Este ano, Boaga organiza as Xornadas Técnicas das Razas Autóctonas de Galicia en Perigo de Extinción no marco da 36ª Semana Verde de Galicia. Terán lugar no recinto Feira Internacional de Galicia de Silleda a fin de semana do 15 e 16 de xuño.
05.06.2013. Este sábado 8 de xuño, ás 12.00 horas, Rocío Garrido Caramés presentará o seu receitario Cociñando coas razas autóctonas na Feira do Libro de Ourense, que está instalada na Alameda da cidade. A continuación, a autora asinará exemplares nas casetas das librerías onde se vende esta publicación.