ABANCA e a Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga) renovaron o convenio financieiro, co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do primario galego. Este convenio é a continuación do asinado en anos anteriores con condicións renovadas e para un ano de duración dende a súa firma (3 de setembro de 2021)
O convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasingmobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agro-gandeiro.
Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Para todos os socios das asociacións integradas en Boaga, que estean interesados poden descargar o documento a través do seguinte enlace CONVENIO FINANCIEIRO DE COLABORACIÓN BOAGA-ABANCA.
Ademais os socios que estean interesados en adquirir algún produto ofertado no convenio, deberán solicitarnos o certificado de pertenza á asociación correspondente, chamando ao teléfono da Federación 634548600 , e posteriormente achegarse á súa oficina de Abanca.
Tamén hay un enlace permanente, que está á dereita no menú principal da web de BOAGA. CONVENIO FINANCIEIRO DE COLABORACIÓN BOAGA A BANCA