PUBLICADAS TRES NOVAS AXUDAS 2021 PARA DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO, XABARIL E PREVENCIÓN DE DANOS CAUSADOS POR FAUNA SILVESTRE.

Data límite de solicitude danos producidos polo lobo: 02/11/2021 Data límite de solicitude danos producidos polo xabaril: 10/11/2021 Data límite de solicitude prevención de danos: 12/02/2021
uploads/9/news/danos_lobo.jpg

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de convocar tres ordes de axudas para o ano 2021, para paliar os danos producidos polo lobo sobre o gando, para compensar os danos causados polo xabaril nos cultivos agrícolas e para a prevención de danos que causan determinadas especies de fauna silvestre.

As persoas interesadas nalgunha destas liñas de subvención poderán presentar as súas solicitudes segundo os seguintes códigos de procedemento, onde se explica ao detalle como hai que facer en cada caso:

·         Axudas económicas para paliar os danos producidos polo lobo. Pinche no seguinte procedemento MT809B (data límite de solicitude 02/11/2021)

ORDE do 16 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809B).

·         Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas. Pinche no seguinte procedemento MT809E (data límite de solicitude 10/11/2021)

ORDE do 17 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809E).

·         Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres (Lobo, Oso e Xabaril). Pinche no seguinte procedemento MT809D (data límite de solicitude 12/02/2021)

ORDE do 22 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MT809D).


|
| © Boaga 2021