Acaba de saír publicada a ORDE do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (códigos de procedemento MR436E e MR436F). (DOG Núm. 218, 29 de outubro de 2020)
O código de procedemento para solicitar axudas do sector de vacún de carne é o MR436F. O prazo límite para solicitalas é o 29/10/2020.
O Obxecto das axudas recollidas nesta orde, teñen como finalidade garantir a continuidade da actividade empresarial en distinto sectores entre eles o de vacún de carne. e no tocante ás ganderías de vacún, paliar a merma de ingresos por a venda dos becerros.
Máis información de como solicitar as axudas no seguinte pdf de descarga: AXUDAS POLA COVID_19 e tamén no apartado lexislación da nosa web.