XXII CONGRESO IBÉRICO DE RECURSOS GENÉTICOS ANIMALES SERGA/SPREGA e o XXIII SIMPOSIO IBEROAMERICANO CONBIAND

Outubro 2022. Córdoba
[XXII CONGRESO IBÉRICO DE RECURSOS GENÉTICOS ANIMALES SERGA/SPREGA e o XXIII SIMPOSIO IBEROAMERICANO CONBIAND - uploads/9/news/whatsapp-image-2022-10-21-at-102235j.peg]

Do 19 ao 21 de outubro de 2022 estivemos en Córdoba, na celebración do XXII CONGRESO IBÉRICO DE RECURSOS GENÉTICOS ANIMALES SERGA/SPREGA e no XXIII SIMPOSIO IBEROAMERICANO CONBIAND, no marco do REGAD 2022 de Conservación da Biodiversidade Biolóxica e Cultural dos Recursos Xenéticos Animais para o Desenvolvemento Sostible, que por fin se puido celebrar despois de 4 anos. Presentamos case 25 publicacións sobre as nosas razas autóctonas galegas, nos que se expuxeron os traballos destes últimos anos, estudos e avances en materia zooxenética e de recuperación e fomento das razas autóctonas, de comercialización dos seus produtos e de promoción turística e gastronómica. Un bo escaparate para a promoción das nosas razas a nivel mundial.