O 28 de xaneiro o director técnico de Avimós, Diego Rois, impartiu unha xornada de formación aos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, en Ponteareas. Os alumnos do módulo de produción Agroecolóxica, tutelados polo profesor Rodrigo Porto, aprenderon técnicas de cría en galiñeiros artesanais tanto en formación teórica coma práctica.
Visitouse o galiñeiro existente no mesmo centro, onde hai un lote de Galiña de Mos e se intercambiaron experiencias.