NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA EN LUGO

Lugo. 20 de marzo- 30 de abril de2017
[NOVAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA EN LUGO - uploads/9/news/degustacion-a-rotonda.jpg]

O vindeiro luns 20 de marzo, comezan unhas novas xornadas gastronómicas de Cordeiro de Raza Ovella Galega no Restaurante A Rotonda, en Lugo e se prolongarán todo o mes de abril de 2017.

Os cordeiros proceden da gandería ecolóxica “SAT Torre de Arcos”en Outeiro de Rei. Tanto a Gandería coma o Restaurante son operadores autorizados para utilizar o logo 100% raza autóctona Ovella Galega.

Para todos os que queiran probar as excelentes propostas do restaurante a Rotonda, teñen os seguintes datos de contacto:

Telf de reservas: 982204057.

Dirección: Avda da Coruña 435 -27003 Lugo.