O 22 de abril, estivemos na parroquia ribadense de Arante , onde se celebrou a I MOSTRA DE RAZAS AUTÓCTONAS, organizada polos Veciños de Arante, e na que participaron os criadores das razas autóctonas con exposición de exemplares das súas ganaderías. Marco Vázquez e Nando López coa Raza Cachena, Alejandro Salvatierra coa raza Caldelá, Gonzalo Seoane coa raza Frieiresa, e Luis Fernández coa raza Ovella Galega.