HOMENAXE DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA AS MULLERES RURAIS NA FIGURA DE NIEVES FERNANDEZ VIDUEIRA.

21/10/2021 Santiago de Compostela - A Coruña
uploads/9/news/20211021xnievesfernandezvidueira_grupo_dsc7297_LiMGV9H.jpg

Dende fai uns anos o Consello da Cultura Galega (CCG) a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF), organiza a “Xornada De Pioneiras e Andainas “ para poñer en valor a vida e a biografía dunha muller representativa e destacada no ámbito galego

Como ben apunta o Consello da Cultura Galega, este ano aposta por poñer o foco sobre o rural e as súas mulleres; para recoñecer -a través da posta en valor do traballo das nosas mulleres- a importancia do rural para a economía do país, para o futuro da nosa sociedade, como espazo do que nace unha parte importantísima da nosa cultura e da nosa identidade. Este ano a muller elexida foi Nieves Fernández Vidueira, como unha muller activa e figura fundamental no mundo rural.

O dia 21 de outubro tivo lugar esta xornada no Pazo de Raxoi, e contou cun programa centrado na historia de vida de Nieves pero tamén tiveron voz mulleres ligadas ao rural en diversas actividades.

Nieves definese como pastora de Ovella Galega pero podemos descubrir la multiples facetas que dispoñe a maiores, escritora, fotógrafa, tallista da madeira, deseñadora e creadora de traxes, disfraces e máscaras de Entroido, etc. Ademáis forma parte da Xunta Directiva de ASOVEGA como Secretaria- Tesoreira dende o 2006, labor que leva a cabo de forma excepcional ao ser unha gran embaixadora da gran familia das razas autóctonas galegas.

A apertura da Xornada realizouna Silvia Adán Belmonte, veterinaria e directora técnica de ASOVEGA e de CAPRIGA. Federación de Razas Autóctonas de Galicia- BOAGA, co Relatorio As mulleres rurais protagonistas do territorio. O compromiso coa calidade, a cultura e a contorna.

Foi unha xornada moi emotiva e chea de grandes contidos, ademáis dunha homenaxe ben merecida por Nieves

No seguinte enlace pódese ver a ponencia "DE PIONEIRAS E ANDAINAS, NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA, A irmandade coa natureza"


|
| © Boaga 2022