FEIRA "A FÍA DA LÁ" EN CABANAS

3-4 de STEMBRO de 2022. Cabanas (A Coruña)
[FEIRA "A FÍA DA LÁ" EN CABANAS  - uploads/9/news/305082876_2534004730062764_2933539387082979424_n.jpg]

Estivemos na FÍA DA LÁ, coa raza Ovella Galega, en Cabanas ( A Coruña), no pavillón da Lavandeira. Silvia Adán acudíu á feira que se ben celebrado xa anos atrás, onde As fiandeiras de Cabanas e Bea Carbón, xunto con Lola de Hilokune Lógaro, impulsan iniciativas de valorización coa lá de Ovella Galega.

No seguinte artigo do Ideal Gallego https://www.elidealgallego.com/articulo/estiloideal/xoanina-lana-gallega-despacha-anadas-4107690, Beatriz fala nesta entrevista da iniciativa xunto con Lola de Hilokune Lógaro, que lograron crear un fío de lá galega 100%, tras onde anos de traballo árduo con este tipo de lá. As cabezas de gando das que se nutre para a lá son do criador de Ovella Galega Delfín Feal, peza fundamental.  Tamén traballan en contacto directo coas fiandeiras de Cabanas dende fai doce anos e a súa misión é mostrar todo o traballo que se fai con este tipo de materia prima ata o produto final. Parabéns pola iniciativa.