E TAMÉN ESTAREMOS NA FEIRA DA PATACA EN VILAR DE BARRIO

10/10/2021. Vilar de Barrio. (Ourense)
uploads/9/news/img-20211005-wa0002.jpg

Intensa actividade esta fin de semana, na que tamén haberá unha exposición con animais de razas autóctonas galegas na 41 edición da festa da pataca de Vilar de Barrio.

A partir das 10:00h poderanse ver animais das razas Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega. Participarán os criadores Ana Belén López Baz e Sergio Basalo Gómez con animais de Vianesa das súas ganderías, Celso Basalo Gómez representando á raza Caldelá, e o Inorde con animais das razas Ovella Galega e Cabra Galega.

Tamén estaremos cun stand onde se repartirá abundante material publicitario das razas autóctonas galegas e os seus produtos

 

 

 

 


|
| © Boaga 2021