DO 2 AO 4 DE MARZO CELÉBRASE A FEIRA ABANCA CIMAG-GANDAGRO

2-4 MARZO. SILLEDA- PONTEVEDRA
[DO 2 AO 4 DE MARZO CELÉBRASE A FEIRA ABANCA CIMAG-GANDAGRO - uploads/9/news/vista-abanca-cimag_2019.jpg]

A Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag- GandAgro, volverá reunir na súa cuarta edición a todo o sector agrogandeiro. Será do 2 ao 4 de marzo de 2023 na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra).

O seu parque expositivo será un auténtico escaparate ao servizo de agricultores e gandeiros. Contará con gran variedade de firmas, produtos e novidades de todos os ámbitos, entre outros, sanidade e hixiene animal, nutrición, fertilizantes e sementes, xenética, animal vivo, equipamento para agricultura e gandería, sistemas de muxido, tractores e motocultores, maquinaria de recolección e post-recolección, de preparación de chan; de semente e abonado; de protección de cultivos e rega, e para explotacións gandeiras, ademais de compoñentes e accesorios.

Contaremos cun stand de BOAGA, con información publicitaria para todos os interesados das nosas razas autóctonas galegas.

Ademáis, o día 4, sábado a partir das 11;30 horas está preparada unha charla divulgativa da “NOVA PAC E RAZAS AUTÓCTONAS AMENAZADAS”, será na sala Mirador na primeira planta do pavillón 1, na Feira de Silleda, e será impartida polo noso director Jose Ramón Justo Feijóo.

Quen queira asistir á Feira, pode rexistrarse na seguinte dirección http://www.cimag.gandagro.com/registro, ou ben descargar a invitación-entrada, no seguinte enlace INVITACIÓN GANDAGRO-BOAGA, imprimir o formulario cubrindo os datos, e entregala ao chegar á feira.