Este próximo domingo, día 5 de marzo, vaise celebrar unha nova degustación de cordeiro de raza Ovella Galega. O lugar, "Casa Rural Casa da Roxa" en Vilaronte, Foz (Lugo).
Os cordeiros pertencen a SAT Torre de Arcos, explotación que cría cordeiros de Ovella Galega en ecolóxico e que pertence a Outeiro de Rei. Esta mesma explotación é a que organiza a xornada de degustación gratuíta de tapas, que se celebrará cara o mediodía.
Os teléfono para quen estea interesado son: Casa Rural Casa de Roxa: 982176171/628876930