CHARLAS DIVULGATIVAS DA RAZA GALIÑA DE MOS NO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO MAR DE NARÓN.

21 de outubro e 12 de novembro de 2021. NARÓN (A CORUÑA)
[CHARLAS DIVULGATIVAS DA RAZA GALIÑA DE MOS NO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO MAR DE NARÓN.  - uploads/9/news/portada_Cpjksry.jpg]

O 21 de outubro púxose en marcha a incubación de poliños da raza Galiña de Mos no CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón, e 21 días despois, o 12 de novembro, os alumnos do colexio desfrutaron coa visita dun galo, dunha galiña e dos poliños nacidos. Da gusto atoparse con profesoras como Pilar Saavedra, que realizou durante estas tres semanas experiencias cos seus alumnos, relacionadas co mundo da avicultura e desta maneira, que tomen contacto coa natureza.