AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA Ó SECTOR DA CARNE POLAS PERDAS OCASIONADAS POLA COVID-19

29/10/2020
uploads/9/news/dog_-orde-28-outubro_axudas-covid.png

Acaba de saír publicada a ORDE do 28 de outubro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das axudas temporais e excepcionais aos sectores agrarios máis desfavorecidos pola incidencia da crise do COVID-19, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan as axudas para o ano 2020 (códigos de procedemento MR436E e MR436F). (DOG Núm. 218, 29 de outubro de 2020)

O código de procedemento para solicitar axudas do sector de vacún de carne é o MR436F. O prazo límite para solicitalas é o 29/10/2020.

O Obxecto das axudas recollidas nesta orde, teñen como finalidade garantir a continuidade da actividade empresarial en distinto sectores entre eles o de vacún de carne. e no tocante ás ganderías de vacún, paliar a merma de ingresos por a venda dos becerros.

Máis información de como solicitar as axudas no seguinte pdf de descarga:  AXUDAS  POLA COVID_19 e tamén no apartado lexislación da nosa web.


|
| © Boaga 2021