AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS PROTAGONISTAS NA 8ª EDICIÓN DOG MUSIC DE PONTEVEDRA O 23 DE ABRIL DE 2016

Praza de Abastos de Pontevedra. 23 abril 2016
[AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS PROTAGONISTAS NA 8ª EDICIÓN DOG MUSIC DE PONTEVEDRA O 23 DE ABRIL DE 2016 - uploads/9/news/dog-music-8-octava-edicion.jpg]

Este sábado 23 de abril, de 12:00 a 14:00 horas, celebrarase na Praza de Abastos de Pontevedra, unha DOG MUSIC, no que participarán de cheo as nosas razas autóctonas galegas. Trátase de un evento no que se combina gastronomía con música.

Desta vez e coincidindo co día Internacional do Libro, farase unha presentación, exposición e venda deste libro. “Cociñando Coas Razas Autóctonas”.

Tamén se fará un showcooking coa carne de razas autóctonas galegas a cargo de:

·         Iñaki Bretal, chef e propietario de “Leirado da Leña” en Pontevedra, que fará “Tataki de raza Cachena”.

·         Rubén González Vallejo, chef de “El Cafetín”, que cociñará “Galo de Mos Recheo”.

·         Rocío Garrido Caramés, de la “Cocina de mi abuelo”, que fará o prato “Kevab que bo de cordeiro de raza Ovella Galega”.

Por último haberá un stand con información sobre as razas autóctonas galegas para promocionar e dar a coñecelas e tamén os seus produtos. Boaga participa e colabora como patrocinador desta edición.

Máis información en:

https://www.facebook.com/cartablancamg/?pnref=story