AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA DO GRELO EN AS PONTES.

[AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA DO GRELO EN AS PONTES. - uploads/9/news/img-20160207-wa0035.jpg]

O domingo 7 de febreiro celebrouse a Feira do Grelo das Pontes. Como novidade este ano houbo unha mostra de razas autóctonas organizada polo concello da localidade e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. Alí estiveron varios lotes de exemplares das nosas raza Galiña de Mos e Ovella Galega, espertando moito interese.