AS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE

[AS AUTÓCTONAS NA SEMANA VERDE - uploads/9/news/portada20folleto_semana_verde_20151.jpg]

BOAGA ven de organizar para a sección de gandeiría desta edición da FEIRA ABANCA SEMANA VERDE 2015,  unha exposición de exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega. E unha demostración de pastoreo de exemplares de ovella galega con cans.

Para as vacas temos preparado o: 

  •  I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ 
  • II CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ 
  • III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA 
  • IV CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA 

Os asistentes á feira tamén poderán adquirir exemplares de raza Galiña de Mos no “mercado de aves vivas”.

E da disfrutar coa celebración do 2º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que comprende as modalidades: 

  • EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS (4ª edición) 
  • VIII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS 
  • Como novidade o 1º CONCURSO “A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS”.

Neste concurso de "galiñas con poliños" serán os asistentes á feira os que determinen o gañador. Se depositan nunha urna un cupón co seu preferido, e polo mero feito de participar na votación optan a gañar un lote de produtos da raza Galiña de Mos.

A entrega dos premios dos concursos das razas bovinas e de galiña de mos levarase a cabo o domingo 14 de xuño a partir das 19:00 horas.