APROVEITAMENTO DE RECURSOS ENDOXENOS: LA DE OVELLA GALEGA

18-20 noviembre 2021. Lugo
uploads/9/news/img-20211118-wa0012.jpg

Os días 18, 19 e 20 de novembro tivo lugar a Xornada de transferencia “Aproveitamento de recursos endóxenos: lá de Ovella Galega” organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e coa colaboración de a Deputación de Lugo, ASOVEGA e BOAGA, na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no Campus de Lugo. Como ponentes Silvia Adán Belmonte (Directora Técnica de ASOVEGA) e Francisco Galán Fandiño (Biologo e artesán entecidos de lá)

Durante os tres días tratarónse temas como razas de Galicia, a raza Ovella Galega, a lá: morfoloxía e composición, propiedades físicas, usos e aplicacións, procesado industrial e artesanal e artesanía. O sábado realizouse a visita a explotación Torre de Arcos SC en Outeiro de Rei para ver de forma práctica as características da raza Ovella Galega como as da lá. Unha boa xornada de intercambio de coñecementos e experiencias.

 


|
| © Boaga 2022