O premio ven de recoñecer a contribución que dende fai 20 anos, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia – BOAGA, fai na defensa e potenciación das razas gandeiras autóctonas galegas en perigo de extinción.
Así o plantexamento actual de BOAGA e asociacións, é o do desenvolvemento e utilización sostible dos recursos con razas autóctonas a través do coñecemento a valorización e usos do patrimonio natural e cultural e o fomento e comercialización dos seus produtos.
Os nosos agradecemento á Consellería do Medio Rural e a todas as entidades e persoas implicadas no traballo que, diariamente se fai para que as razas autóctonas e sobre todo ás ganderías que traballan con este tipo de razas, sexan rendibles e teñan unha boa perspectiva de futuro , porque creemos que “unha nova gandería é posible”.
Pódese ver a entrega de premios no seguinte enlace https://youtu.be/qXNYd40w7gk