A GALIÑA DE MOS ESTIVO EN ORDES.

20 febreiro 2016. Ordes
[A GALIÑA DE MOS ESTIVO EN ORDES. - uploads/9/news/img-20160220-wa0007.jpg]

No Feirón Adina, celebrado en Mesón do Vento, concello de Ordes, participou como protagonista a Galiña de Mos. As criadoras Mari Luz Gómez, do mesmo concello de Ordes e Cruz Grille, de Tordoia, participaron na feira con exposición e venda de exemplares. Os bares da localidade tamén fixeron degustación de Galo Mos e tortilla de pataca con ovos de Galiña de Mos. a Xornada foi moi animada.

Máis información:  en Avimós  e La Voz de Galicia