A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA ESTARÁN EN FITUR 2015

28 xaneiro - 1 febreiro 2015- Madrid
[A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA ESTARÁN EN FITUR 2015  - uploads/9/news/fitur-2015-2.jpg]

Un ano máis a Galiña de Mos e a Ovella Galega estará en Fitur 2015, Hoxe mércores 28 de xaneiro ás 16:00h  presentarase no stand de Turgalicia, na Feira Internacional do Turismo en Madrid, a Guía da Hostalería Lucense "E para comer Lugo" 2015. Nesta publicación que fala de turismo gastronómico, inclúense produtos de calidade nos que aparece Galo Mos e o cordeiro de Ovella Galega.

Haberá tamén representación de Avimós-Asociación de Avicultores da raza Galiña de Mos e máis de Asovega-Asociación de Criadores de raza Ovella Galega , aproveitándose para facer unha presentación dos produtos das dúas razas diante de hosteleiros madrileños, grazas á invitación da Asociación de Empresarios da Hostelería de Lugo.