Descargar PDF en alta resolución

Antano esta raza era explotada pola súa tripla aptitude: traballo, carne e leite, cunha maior orientación cara ao traballo.

Aínda que perdura algunha explotación familiar de pequeno tamaño, os exemplares de Limiá adoitan criarse en rabaños en extensivo con suplementación de alimento cando este escasea, sobre todo a base de cereais.

O seu principal uso produtivo actual é a carne, se ben tamén se pode explotar para obter queixos de calidade diferenciada.

A excelente capacidade leiteira destes animais e a súa sublime capacidade maternal fan posible conseguir xatos moi prezados por ser os de maior peso ao nacemento e á desteta de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción. As súas canais son as de maior peso e índice de compacidade dentro das Morenas Galegas. Os rendementos cárnicos obtidos no despece son elevados, de arredor dun 70%, alcanzando os de cuarto traseiro niveis superiores ao 62%.

A carne de Limiá é magra, cun perfil lipídico adecuado e cardiosaudable, próximo ao 1,5%, e cunha adecuada infiltración da graxa, o que lle porporciona unha calidade zumarenta e unha palatibilidade excepcional.

A súa carne destaca tamén por ser moi luminosa e vermella. Subministrándolle unha adecuada maduración resulta ser das carnes máis tenras e xugosas.

¿Onde Mercar?