ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
[ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS - uploads/9/news/stand-ganaderia-juan-m-lage.jpg]

No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as razas autóctonas denominado "De Nós para Vós", con exposición e venda dos produtos de raza e presentación das marcas dos criadores. Os criadores que participaron coas súas marcas foron:

-“TIERRA CELTA”, de Porto do Son, A Coruña. Con produtos de raza Cachena

-“GALO CELTA” de Vila de Cruces, Pontevedra. Con produtos  de raza Galiña de Mos

-“ GRANXA CASTRO DE MADROSENDE” de Vila de Cruces, Pontevedra. Con produtos de raza Galiña de Mos

-“GACARLI S. L.” De Xinzo de Limia, Ourense. Con produtos de raza Ovella Galega, Limiá, Cachena, Caldelá, Vianesa, Frieiresa e Galiña de Mos.

-“GRANXA O´AGRO” de Vimianzo, A Coruña. Con produtos de raza Galiña de Mos.

-“GANDERÍA TRAS DO RÍO” de Ortigueira, A Coruña. Con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

-“GANDEIRÍA JUAN M. LAGE” de Maceda, Ourense. Con produtos da raza Caldelá.

-“RAMÓN VÁZQUEZ” de Monforte de Lemos, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos

-“CACHENAS DE SAN BREIXO” de Triacastela, Lugo. Con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.

-“GRANXA CHOUSA DO LEA” de Castro de Rei, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos.

-“GRANXA AVES DO CONCELLO” de Vilalba, Lugo. Con produtos da raza Galiña de Mos.

No seguinte enlace STANDS EXPOSITORES DE NOS PARA VOS- SALIMAT 2014, hai un documento gráfico sobre a exposición e venda dos criadores e a participación activa nos catro días de feira.