XXVII FEIRA DA CARNE DE MONTEDERRAMO

12/10/2022. Montederramo (Ourense)
[XXVII FEIRA DA CARNE DE MONTEDERRAMO - uploads/9/news/310202320_164103639560486_2218906506244641774_n.jpg]

Estivemos na Festa da Carne en Montederramo, con exposición de animais vivos coas razas Vianesa e Caldelá. Participaron pola raza Caldelá, Carmen Fernández (Montederramo), Escuadro SC (Maceda) e Ganadería Pedrouzos SC (Castro Caldelas), e pola raza Vianesa Mª Concepción Gómez (Maceda) e Miguel Gómez (Maceda). Houbo gran participación de gandeiros, de cabezas de gando e gran afluencia de público.