E PARA COMER CACHENA IMOS AO PORTO DE BARES

A nova incorporación ao Menú do RESTAURANTE LA MARINA: carne de raza Cachena
[E PARA COMER CACHENA IMOS AO PORTO DE BARES - uploads/9/news/dsc09239.jpg]

A partir do vindeiro 10 de agosto, a prestixiosa Ganadería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña) proverá ao restaurante La Marina (Porto de Bares, Mañón, A Coruña) de carne de vacún de exemplares de raza Cachena criados na explotación con base nunha alimentación natural e extensiva. Este prezado produto gastronómico pasará a formar parte do menú habitual do restaurante.

Dirección e contacto do restaurante La Marina:

Porto de Bares, 9

15337 Bares, Mañón (A Coruña)

981 414 001  -  629 904 374

info@restaurantelamarina.net

www.restaurantelamarina.net

A explotación deste matrimonio ortigueirés, Miguel Ángel Pernas e Rebeca Yáñez, atópase na parroquia de Loiba e é unha das referentes na cría de Cachena de toda Galicia. Actualmente contan con aproximadamente 60 nais desta raza bovina, 6 de Cabalo de Pura Raza Galega e varios lotes de Galiña de Mos.

A clientela destes criadores está integrada en maior medida por compradores individuais que foron coñecendo o produto grazas ao boca a boca. No caso dos becerros de Cachena, ao tratarse dunha raza de tamaño reducido, Miguel Ángel afirma que as canais son “perfectas para particulares” porque non adoitan pesar máis de 110 kg. Neste sentido, comenta que a carne se comercializa en lotes de diferentes pesos, segundo as necesidades do comprador.

Para máis información ou se desexa facer un pedido, pode contactar cos propietarios da Ganadería Tras do Río nos teléfonos 666 958 989 e 666 991 239, ou ben no correo electrónico trasdorioloiba@gmail.com. Esta gandería tamén está presente en www.facebook.com/ganaderiatrasdorio.cachena.