A Galiña de Mos e a Ovella Galega serán promocionadas na Volta Ciclista a España
As carnes da Galiña de Mos e da Ovella Galega serán protagonistas durante a Vuelta Ciclista a España un ano máis, grazas á Asociación de empresarios da hostelería de Lugo, que en colaboración coa Xunta de Galicia, terán nas saídas das etapas un posto de promoción dos produtos agroalimentarios con indicación de calidade, estando representadas a nosas dúas razas autóctonas. Nas cinco etapas galegas desde o día 24 de agosto, con saídas en Vilanova de Arousa, Pontevedra, Vigo, Lalín e Sober, haberá degustación do galo da raza Mos e de cordeiro da raza Ovella Galega, xunto coas dos outros produtos de calidade. No resto de etapas, divulgaranse as nosas raza con abundante material informativo. Na presentación do acto, o presidente de Avimós, Francisco Monasterio, directivo de Boaga, participou en representación das marcas e os produtos de calidade representados nesta edición.
Máis información: E para comer Lugo, La Voz de Galicia