A CABRA GALEGA PARTICIPARÁ NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2013
15 DE SETEMBRO DE 2013. MERLÁN-CHANTADA (LUGO)
12.09.2013 O día 15 de setembro, terá lugar a "VII MOSTRA O MUNDO DA CABRA" en Merlán - Chantada (Lugo), a feira está organizada pola Asociación Veciñal Santo Tome de Merlán. Esta exposición abrirase ao público a partires das 10:00 h e nela, participarán exemplares de Cabra Galela. Posteriormente haberá degustación gratuíta de cabra cocida, queixo e leite de cabra ás 13:00 horas.
O obxectivo desta feira coma a de edicións anteriores, é a de promover, comercializar e mellorar todos os produtos derivados da cabra. A mostra celébrase no antigo campo da festa de Merlán, onde se concentra todo o gando caprino achegado de calquera zona de Galicia. A feira que se celebra sempre o último día, é a clausura das Festas da aldea de Merlán.
A Asociación de Gandeiros de raza Cabra Galega- CAPRIGA, e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA, colaboran coa celebración da VII mostra.