EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS E RESULTADOS DO VI CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS.
6-7 Outubro 2018. LUgo
Os días 6 e 7 de outubro celebrouse unha nova edición de Expolugo A Rural. Contou cunha importante exposición de gando procedente de explotacións da provincia de Lugo, no que houbo exemplares das razas bovinas Cachena (participación das gandarías de Gonzalo Seoane Prado, Cachenas de Pantón de María del Carmen Álvarez Álvarez ,e Cachenas de San Breixo de Jordi Ánguez Grases); raza Caldelá (participación da gandaría Ana e Alejandro S.C.), raza Frieiresa (coa gandaría de José Rodríguez Teijeiro), raza Limiá (participación da gandaría de Ana María Teijeiro Castro) e raza Vianesa (participación da gandaría de Rocío Lago Gancedo).
Tamén participaron as gandarías de Luís Fernández Fernández e Gandaría Mourelle SC que levaron exemplares da raza Ovella Galega. A Gandaría de Alberto Santín González participou con exemplares da raza Cabra Galega.
No caso da raza Galiña de Mos, celebrouse o VI Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, onde participaron os seguintes criadores da provincia de Lugo: José Luis Freire Castedo, Javier Álvarez Cela, M. Alberto Fernández Fraga, Oscar Miranda Gómez, Francisco José Monasterio Solveira, José Zapata Sánchez, Jordi Ánguez Grases, Luís Fernández Fernández, Beatriz Canto Edrosa, Sandra López López, Roberto Raposo Díaz, Emiliano Pol Ferreiro, Carlos Pereira Fernández.
Sendo os resultados do VI Concurso-Exposición Monográfico Provincial da raza Galiña de Mos:
- Categoría de galiñas:
1º Premio: José Luis Freire Castedo ( concello de Pol).
2º Premio: Beatriz Canto Edrosa (concello de Castro de Rei).
3º Premio: Luis Fernández Fernández (concello de Riotorto).
- Categoría de galos:
1º Premio: Sandra López López(concello Láncara).
2º Premio: J. Luis Freire Castedo( concello de Pol).
3º Premio: Fco. José Monasterio Solveira(concello de Vilalba).
Pódense descargar as imaxes dos participantes e premiados no seguinte enlace: CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS EXPOLUGO 2018.
Houbo venda de exemplares vivos de raza Galiña de Mos (Sandra López).
Ademais expuxeron e venderon produtos de raza autóctona Cachena (Ramón Vázquez e Cachenas de San Breixo), Granxa Aeiroá con produtos da raza Galiña de Mos e a Soc. Coop. Galega Tres Fuciños con produtos derivados da raza Porco Celta.
Esta feira ten o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Lugo.