CONVENIO XUNTA-BOAGA 2023-2025


[CONVENIO XUNTA-BOAGA 2023-2025]

ESTIVEMOS NA XXXVII FEIRA CONCURSO DE GANDO DE CASTRO CALDELAS

10/09/2024. CASTRO CALDELAS (OURENSE)
[ESTIVEMOS NA XXXVII FEIRA CONCURSO DE GANDO DE CASTRO CALDELAS - news/castro_caldelas.png]

O 10 de setembro celebrouse no concello de Castro Caldelas, dentro da XXVII Feira de Gando de Vacún, os concursos comarcais- exposicións con exemplares das razas Caldelá e Vianesa. Este ano as ganderías participantes foron as de Manuel Yáñez, Lorena Pérez, José Antonio González, e Miguel Gómez pola raza Vianesa, e a de Ganadería Pedrouzo coa raza Caldelá.

Estiveron acompañados do presidente de Boaga, Castor J Rivero e mais polo director técnico das dúas razas, Davide A. Outeiro, xunto con outros criadores das razas autóctonas. Parabéns a participantes e asistentes!!!!