CONVENIO XUNTA-BOAGA 2023-2025
A OVELLA GALEGA NUNHA NOVA EDICIÓN DA “FÍA DA LA” EN CABANAS
10 e 11 de setembro 2016. Lavandeira (Cabanas- A Coruña)
Nos días 10 e 11 de setembro, celebrouse en Lavandeira, no concello de Cabanas (A Coruña), unha nova edición que xa é a oitava da "Fía da La", organizado pola “Asociación de mulleres Cabanas Rural”. Unha excelente iniciativa para por en valor a lá da Ovella, as distintas características e variedades que existen, recuperar as tradicións e as diferentes propostas para confeccionar prendas de lá.
E como non a Ovella Galega estivo presente. Publicitouse convintemente aportando abundante información da raza e das características da la de Ovella Galega.Ademáis este ano por primeira vez a lá está certificada co “Logo 100% raza autóctona Ovella Galega”, que garantiza que a la e 100% de raza Ovella Galega, pois “Asociación de mulleres Cabanas Rural” é operador autorizado para o logo 100% raza autóctona. Noraboa por esta iniciativa.