AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NA FEIRA DO POLDRO EN MURAS
23 setembro 2018. Muras (Lugo)
O pasado 23 de setembro, as razas autóctonas estiveron na Feira do Poldro e do Gando de monte, en Muras. Alí estivemos cun posto promocionando, asesorando e repartindo abundante información sobre as nosas razas autóctonas. ...
PRESENTADOS VARIOS TRABALLOS CIENTÍFICOS SOBRE AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
26-29 setembro 2018. Murcia
Con motivo da celebración do XI Congreso Ibérico Sobre Recursos Genéticos Animales, celebrado en Murcia do 26 ao 28 de setembro, presentáronse varios traballos científicos sobre as nosas razas autóctonas. Neste congreso disertouse sobre as ...
CONCURRIDO DESFILE DE GANDO POLAS RÚAS DE LUGO
6 de Outubro 2018. Lugo
As rúas do centro da cidade de Lugo, asistiron o pasado 6 de outubro a un desfile de gando polas rúas do centro da cidade, co que daba comezo outra edición da feira Expolugo. Entre ...
EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS E RESULTADOS DO VI CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS.
6-7 Outubro 2018. LUgo
Os días 6 e 7 de outubro celebrouse unha nova edición de Expolugo A Rural. Contou cunha importante exposición de gando procedente de explotacións da provincia de Lugo, no que houbo exemplares das razas bovinas ...
AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS
12 outubro 2018. O Bolo (Ourense)
O venres 12 de outubro, presentouse a nova Granxa Escola “A CAPILLA”, na parroquia de Lentellais en O Bolo (Ourense). Esta granxa escola, é propiedade de María Elisa Camino Leiro, criadora das razas Ovella Galega ...
AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN NA XXXI FEIRA DO POLDRO EN MURAS
23 setembro 2018. Muras (Lugo)
Este domingo celébrase a tradicional "Feira do Poldro e do Gando do Monte" en Muras. Como tódolos anos, a feira comezará ás 10:00h no monte da Gañidoira con varias actividades. Alí estaremos, cun posto onde ...
AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON EN MACEDA
15 agosto 2018. Maceda (Ourense)
O 15 de agosto, o lugar escollido para a exposición de gando das distintas razas autóctonas de Galicia que se celebrou con motivo da Feira Medieval de Maceda, foi a carballeira que rodea o Castelo ...
ÉXITO DE COMERCIALIZACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2018
7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra
No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" espuxeron productos 100% RAZA AUTÓCTONA, os seguintes criadores: (ENLACE FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS E SALIMAT.) · “GANADERÍA ...
RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE 2017
Silleda (Pontevedra).8-11 xuño 2017
· Pechouse una grande edición da Feira Semana Verde de Galicia. Houbo récord de participación con 51 criadores nos diferentes concursos das razas Galiña de Mos e das bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, así como exposición de animais das razas Ovella Galega e Cabra Galega.
Nos seguintes enlaces pódense descargar as fotos dos premiados tanto nos concursos da Galiña de Mos, así coma das Bovinas Galegas e os participantes en Ovella Galega e Cabra Galega, e dos animais premiados:
PREMIADOS GALIÑA DE MOS. ; PREMIADOS BOVINAS GALEGAS; PARTICIPANTES OVELLA E CABRA GALEGA
ANIMAIS PREMIADOS SEMANA VERDE 2017
Os resultados foron os seguintes:
4º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campeonato estivo dividido en tres certames no que os criadores de Avimós puideron participar coas súas aves en concurso por lotes ou en concurso individual. destacan a alta calidade xenética dos galos e galiñas participantes, os resultados foron os seguintes
Na categoría de galos:
1º PREMIO: galo pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
2º PREMIO: galo pertencente a Javier Riqueza Lois de Pontevedra.
3º PREMIO: galo pertencente a Cruz Lucía Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña.
Na categoría de galiñas:
1º PREMIO: galiña pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
2º PREMIO: galiña pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
3º PREMIO: galiña pertencente a María José Castro Abonjo de Vila de Cruces. Pontevedra.
No Concurso por lotes:
1º PREMIO: lote pertencente a José Luis Freire Castedo, de Pol, Lugo.
2ºPREMIO: lote pertencente a Mariña Grille Negreira, de Val do Dubra, A Coruña.
3º PREMIO: lote pertencente a Lourdes Mulet Abeledo, de Lalín Pontevedra.
No Concurso a Galiña e os seus poliños, os gañadores decidíronse por votación popular de todos os asistentes a feira que quixeron emitir o seu voto.
Os resultados foron os seguintes:
1º PREMIO: lote de galiña e poliños de Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña con 242 puntos.
2º PREMIO: lote de galiña e poliños de Cruz Grille Negreira, de Tordoia, A Coruña con 183 puntos.
3º PREMIO: lote de galiña e poliños de Mari Luz Gómez Fernández, de Ordes, A Coruña con 147 puntos.
A gañadora do sorteo entre todos os participantes na votación popular do Concurso a Galiña e os Poliños, cun lote de produtos da nosa raza foi Dolores Vázquez García, de Palas de Rei, Lugo.
EXPOSICIÓN E CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS BOVINAS GALEGAS.
Celebráronse 5 concursos morfolóxicos con exemplares adultos das nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. As mellores reproductoras das razas bovinas participaron nos diferentes concursos morfolóxicos. Os resultados foron os seguintes:
I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA
Este ano por primeira vez celebrouse o primeiro concurso morfolóxico da raza Frieiresa. Os premiados foron os seguintes:
1º PREMIO: “FESTA” pertencente á gandería de José Rodríguez Teijeiro -GANADERÍA ARMENTAL (Armental-Begonte -Lugo)
2º PREMIO: “FIAÑA” pertencente á gandería de Francisco Manuel Penabad Pita (Caxigueiras-Ortigueira-Coruña)
3º PREMIO: “FORNALLEIRA” pertencente á ganadería de Alberto Cortés González (Xunqueira de Espadañedo-Ourense)
III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ
Os premiados no terceiro concurso morfolóxico da Raza Limiá Semana Verde de Galicia 2017 foron:
1º PREMIO: “LAGA” pertencente á gandería de Lisardo López Blanco (Baltar -Ourense)
2º PREMIO: “LIXEIRA” pertencente á gandería de Lisardo López Blanco (Baltar -Ourense)
3º PREMIO: “LENTA” pertencente á gandería de Dolores Rodríguez González (Rairiz de Veiga-Ourense)
IV CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA CALDELÁ
Os premios no cuarto concurso morfolóxico da Raza Caldelá Semana Verde de Galicia 2017 foron:
1º PREMIO: “CABANA” pertencente á gandería de Ana y Alejandro SC (Neipín- Vilaboa, A Pontenova, Lugo)
2º PREMIO: “CELOSA” pertencente á gandería de Juan Manuel Lage Cid (Foncuberta-Maceda-Ourense)
3º PREMIO: “CIGÜEÑA” pertencente á gandería de José González Carballo (Maceda-Ourense)
RESULTADOS DO V CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA VIANESA
Os premios no quinto concurso morfolóxico da Raza Vianesa Semana Verde de Galicia 2017 foron:
1º PREMIO: “QUINA” pertencente á gandería de Ganado de Lemos, S.L. (Seteventos- O Saviñao- Lugo)
2º PREMIO: “ALTEA” pertencente á gandería de Fernando Bouzas Bentín (Antequera- Rois- A Coruña)
3º PREMIO: “VIPERLA” pertencente á gandería de Ganado de Lemos, S.L (Seteventos- O Saviñao- Lugo)
VI CONCURSO MORFOLÓXICO RAZA CACHENA
Os premios no sexto concurso morfolóxico da Raza Cachena Semana Verde de Galicia 2017 foron:
1º PREMIO: “CARRIZA” pertencente á gandería de Gonzalo Seoane Prado (Oleiros-Vilalba-Lugo)
2º PREMIO: “CANTERA” pertencente á gandería de Mª Rebeca Yañez Candamil-“Gandería Tras do Rio” (Loiba-Ortigueira- A Coruña)
3º PREMIO: “RUFINA” pertencente á gandería de Ramón Vázquez Fernández (Monforte de Lemos -Lugo)
Noraboa a todos os participantes!