PUBLICADA A ÚLTIMA MODIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN DAS AXUDAS A EXTENSIVO
DOG nº 74, do mércores 16 de abril de 2014.
Estas axudas foran convocadas na Resolución do 31 de decembro de 2013 (orde 3 de abril de 2013), destinadas ao fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réxime extensivo. Nesta última modificación aparecen no Anexo I as solicitudes admitidas, e no Anexo II as solicitudes denegadas. Para máis información descargar o PDF.
Existe para ás persoas interesadas un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación desta proposta (ATA O 30 DE ABRIL 2014), para que poidan formular as alegacións e presentar a documentación que estimen conveniente ante a Consellería do Medio Rural e do Mar. (Subdirección Xeral de Gandaría, Dirección Xeral de Produción Agropecuaria).
AS RAZAS AUTÓCTONAS NA VI FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS DA ZONA EN TRIACASTELA
TRIACASTELA (LUGO) sábado 4 de abril de 2015
AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN EN CIMAG-GANDAGRO 2015
do 19 ao 21 de febreiro de 2015. Recinto feiral de Silleda
AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA CABALAR DE SAN MARTIÑO DE TEO 2014
11 de novembro 2014, Lugar de Francos-Calo (Concello de Teo)
CONVOCATORIA CURSOS DE PRIMEIROS AUXILIOS NO SECTOR AGROGANDEIRO E FORESTAL
AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARÁN NO EXPOLUGO 2014
4 e 5 de outubro de 2014, Recinto Feiral Lugo.
FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2014
Domingo 21 de septiembre
A CARNE DE RAZA CACHENA NO V FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE (PONTEDEUME)
4, 5 e 6 de xullo de 2014- Pontedeume (A Coruña)
EXPOSICIÓN DE ANIMAIS NA SEMANA VERDE 2014. RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, CALDELÁ E GALIÑA DE MOS
Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
Fai uns días rematou a Feira Internacional de Galicia-Semana Verde 2014. Foron uns días cheos de actividades e promoción das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Queremos felicitar a todolos gandeiros que quixeron participar ...