O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS

30/03/2022
[O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS - uploads/9/news/imagen-solicitude_inorde.png]

As bases que regulan a venda destes exemplares foron aprobadas pola Comisión Executiva deste organismo o pasado 11 de marzo, e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia

Os animais que se poden adquirir son: Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega e Cabra Galega

Para máis información poden consultarse as bases publicadas  e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:

Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE

 

O Inorde abre o prazo para adquirir os seus animais de razas autóctonas en perigo de extinción :

Galiña de Mos

O prezo por unidade dos polos dun día de raza “Galiña de Mos” é de 1 euro. Para elo, os interesados deberán ter rexistro de gandaría (REGA).

Ovella Galega e Cabra Galega

No caso da Ovella e da Cabra Galega o seu prezo será de 60 euros por animal para as femias maiores de seis meses inscritas no Libro Xenealóxico, e de 40 euros para as ovellas menores de seis meses e de 45 euros para as cabras de menos de seis meses.

Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación ovino/caprino. Ademais, no momento da entrega deberán acreditar que teñen un carneiro (no caso da ovella galega) ou castrón (no caso da cabra galega) de dita raza ou cursada a correspondente solicitude deste animal. Así mesmo, comprométense a non sacrificalos no prazo dun ano e as cordeiras e as cabritas deberán cruzarse, exclusivamente, con machos inscritos no libro xenealóxico.

Porco celta

A venda de Porco Celta será de lotes máximos por solicitante e ano de porcas xestantes ou porcas de recría 4 unidades, e de verrons, 1 unidade. Os prezos serán os de mercado e tomaranse como base os publicados na prensa provincial e autonómica cada semana. Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación porcina, estar dado de alta nunha agrupación de defensa sanitaria, no caso de solicitantes de porcas de recría deberán acreditar que dispoñen dun verrón de raza de porco celta, e terán prioridade os gandeiros que teñan na súa explotación porcos inscritos no libro xenealóxico de raza porco celta.

Ademais, os solicitantes comprométense a que as porcas preñadas de recría e verróns inscritos no libro xenealóxico, a non sacrificalas no prazo dun ano, así como a cruzar as porcas exclusivamente con machos inscritos neste libro.

Solicitudes

Os interesados en adquirir ditos animais poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 31 de decembro de 2022. Os animais irán entregándose, no caso de cumprir con todos os requisitos esixidos en ditas bases, en rigorosa orde de rexistro, revisándose as listas os días 1 e 15 de cada mes. En todos os casos, o transporte de ditos animais corre por conta do gandeiro.

Para máis información poden consultarse as bases publicadas  e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:

Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE

BOP: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=72&fecha=20220329


Limpar

TAPIRAZAS NO "20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO" 2016

SALIMAT 2016-Pavillón 1; recinto feiral Silleda- 9-12 junio 2016
[TAPIRAZAS NO "20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO" 2016 - uploads/9/news/foto-tapirazas.jpg]

A FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA EN COLABORACIÓN CO COCIÑEIRO ANTONIO DÍAZ DO RESTAURANTE ANDARUBEL, PRESENTAN NO 20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT, UN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS. Neste ano ...

Ler Máis »

CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA 2016

SALIMAT 2016-Pavillón 1; recinto feiral Silleda- 9-12 junio 2016
[CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA 2016 - uploads/9/news/dsc_0082.jpg]

Quince criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en ...

Ler Máis »

AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NO MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA

Pontevedra. 23 de abril de 2016
[AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NO MERCADO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA - uploads/9/news/img_9999.jpg]

O pasado sábado 23 de abril, un grupo de cociñeiros promocionaron mediante un showcooking ás razas autóctonas no Mercado Municipal de Pontevedra. Os chef Iñaki Bretal, Rubén Vallejo e Rocío Garrido cociñaron Tataki de raza ...

Ler Máis »

I XORNADAS TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN E APROVEITAMENTO SOSTIBLE DOS MONTES DO IRIXO

A Ponte (O Irixo) 4-5 marzo de 2016
[I XORNADAS TÉCNICAS DE DINAMIZACIÓN E APROVEITAMENTO SOSTIBLE DOS MONTES DO IRIXO - uploads/9/news/xornadas-de-dinamizacion-dos-montes-do-irixo-jpg.jpg]

A Asociación Cultural Arracada, do concello ourensán do Irixo, organiza este venres, 4 de marzo e o sábado día 5, a primeira edición das Xornadas de Dinamización e Aproveitamento Sostible Dos montes Do Irixo. Nestas ...

Ler Máis »

CABRITO DE RAZA CABRA GALEGA, NA XUNTANZA CABALAR “OS CASÁS” EN CERDIDO

Cerdido. 19 marzo 2016
[CABRITO DE RAZA CABRA GALEGA, NA XUNTANZA CABALAR “OS CASÁS” EN CERDIDO - uploads/9/news/xuntanza-cabalar-os-casas-cerdido.jpg]
O sábado 19 de marzo celébrase a “Xuntanza Cabalar os Casás” en Cerdido. Ao remate das carreiras, sortearase un cabrito de Raza Cabra Galega, aportado por un dos socios de CAPRIGA  procedente dunha explotación do ...
Ler Máis »

AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA DO GRELO EN AS PONTES.

[AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA FEIRA DO GRELO EN AS PONTES. - uploads/9/news/img-20160207-wa0035.jpg]

O domingo 7 de febreiro celebrouse a Feira do Grelo das Pontes. Como novidade este ano houbo unha mostra de razas autóctonas organizada polo concello da localidade e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga. ...

Ler Máis »

ESTE DOMINGO 7 DE FEBREIRO AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN EN AS PONTES

As Pontes de García Rodríguez. 7 febreiro 2016
[ESTE DOMINGO 7 DE FEBREIRO AS NOSAS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN EN AS PONTES - uploads/9/news/programa2-as-pontes.jpg]

O domingo 7 de febreiro celébrase a XXXVI Feira do Grelo Nas Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Alí haberá unha mostra de razas autóctonas onde estará a Galiña de Mos , Ovella Gallega, ...

Ler Máis »

AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 3 AO 7 DE FEBREIRO DE 2016

RECINTO FEIRAL EXPOURENSE, FINCA SEVILLA S/N 32005-OURENSE
[AS AUTÓCTONAS GALEGAS ESTARÁN NO XANTAR, DO 3 AO 7 DE FEBREIRO DE 2016 - uploads/9/news/xantar.png]

Mañá comeza unha nova edición de Xantar,  a 17ª edición do Salón Internacional de Gastronomía e Turismo XANTAR, que se celebrará do 3 ao 7 de febreiro de 2016 no recinto Feiral Expourense,(Finca Sevilla s/n ...

Ler Máis »