O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS
30/03/2022
As bases que regulan a venda destes exemplares foron aprobadas pola Comisión Executiva deste organismo o pasado 11 de marzo, e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia
Os animais que se poden adquirir son: Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega e Cabra Galega
Para máis información poden consultarse as bases publicadas e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:
Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE
O Inorde abre o prazo para adquirir os seus animais de razas autóctonas en perigo de extinción :
Galiña de Mos
O prezo por unidade dos polos dun día de raza “Galiña de Mos” é de 1 euro. Para elo, os interesados deberán ter rexistro de gandaría (REGA).
Ovella Galega e Cabra Galega
No caso da Ovella e da Cabra Galega o seu prezo será de 60 euros por animal para as femias maiores de seis meses inscritas no Libro Xenealóxico, e de 40 euros para as ovellas menores de seis meses e de 45 euros para as cabras de menos de seis meses.
Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación ovino/caprino. Ademais, no momento da entrega deberán acreditar que teñen un carneiro (no caso da ovella galega) ou castrón (no caso da cabra galega) de dita raza ou cursada a correspondente solicitude deste animal. Así mesmo, comprométense a non sacrificalos no prazo dun ano e as cordeiras e as cabritas deberán cruzarse, exclusivamente, con machos inscritos no libro xenealóxico.
Porco celta
A venda de Porco Celta será de lotes máximos por solicitante e ano de porcas xestantes ou porcas de recría 4 unidades, e de verrons, 1 unidade. Os prezos serán os de mercado e tomaranse como base os publicados na prensa provincial e autonómica cada semana. Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación porcina, estar dado de alta nunha agrupación de defensa sanitaria, no caso de solicitantes de porcas de recría deberán acreditar que dispoñen dun verrón de raza de porco celta, e terán prioridade os gandeiros que teñan na súa explotación porcos inscritos no libro xenealóxico de raza porco celta.
Ademais, os solicitantes comprométense a que as porcas preñadas de recría e verróns inscritos no libro xenealóxico, a non sacrificalas no prazo dun ano, así como a cruzar as porcas exclusivamente con machos inscritos neste libro.
Solicitudes
Os interesados en adquirir ditos animais poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 31 de decembro de 2022. Os animais irán entregándose, no caso de cumprir con todos os requisitos esixidos en ditas bases, en rigorosa orde de rexistro, revisándose as listas os días 1 e 15 de cada mes. En todos os casos, o transporte de ditos animais corre por conta do gandeiro.
Para máis información poden consultarse as bases publicadas e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:
Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE
BOP: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=72&fecha=20220329
A CABRA GALEGA NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN 2016
18 setembro 2016. Merlán- Chantada
A cabra Galega estará o día 18 de setembro nunha nova edición da Festa da Cabra de Merlán, que igual que en anos anteriores organiza a Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, en ...
A CABRA GALEGA NO “I ENCONTRO COA HISTORIA”
Mosteiro de Caaveiro, días 20 e 21 de agosto 2016
No concello de A CAPELA van a celebrar o “I ENCONTRO COA HISTORIA. O PREÁMBULO”. Unha volta aos orixes que nesta ocasión vai a contar con exemplares de CABRA GALEGA procedentes da explotación -dun dos ...
AS RAZAS AUTÓCTONAS VOLTAN POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO A MACEDA
Festa Medieval de Maceda. 13 e 14 de agosto 2016
Esta fin de semana de agosto as razas autóctonas voltarán á “FESTA MEDIEVAL E GASTRONÓMICA DE EXALTACIÓN DE CARNE DE TENREIRA AUTÓCTONA DA ZONA”, onde haberá unha exposición de gando autóctono e participarán os criadores ...
A CABRA GALEGA E AS SÚAS PRODUCIÓNS EN VÍDEO
xullo 2016
Queremos presentarvos o novo vídeo promocional da Cabra Galega que se fixo da nosa raza autóctona. O link para poder visualizalo é o seguinte VIDEO CABRA GALEGA Ademais tamén no menú lateral dereito da páxina ...
GRAN PROMOCIÓN DOS PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2016
Salimat 2016- Silleda. (9-12 xuño de 2016)
No 20º SALÓN DE ALIMENTACIÓN DEL ATLÁNTICO-SALIMAT celebrado neste ano 2016, 15 produtores das nosas razas autóctonas presentaron os seus produtos en postos e neveiras frigoríficas para promocionar as súas propias marcas. Establecéronse moitos contactos. ...
NOVO ÉXITO DAS RAZAS AUTÓCTONAS NO TAPIRAZAS
Salimat 2016. Silleda (9-12 de xuño de 2016)
O restaurante Tapirazas, organizado pola Federación de razas autóctonas de Galicia-BOAGA, na feira Semana Verde, contou durante catro días cos produtos das nosas 8 razas autóctonas. O interés foi espectacular xa que o menú se ...
EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E RESULTADOS DOS CONCURSOS DE VACÚN SEMANA VERDE 2016
SEMANA VERDE - SILLEDA (9-12 xuño de 2016)
Durante a celebración da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, foron moitas as actividades e promocións que se fixeron coas nosas razas autóctonas galegas. Houbo coma en anos anteriores exposición de animais vivos das razas ...
O ESCAPARATE DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.
Feira Internacional de Galicia-Silleda. do 9 ao 12 de xuño de 2016
BOAGA ven de organizar para a sección de gandeiría desta edición da FEIRA ABANCA SEMANA VERDE 2016, unha exposición de exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega e Frieiresa. En vacuno realizaranse os seguintes concursos: ...