O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS

30/03/2022
[O INORDE ABRE O PRAZO PARA ADQUIRIR RAZAS AUTÓCTONAS POR PARTE DOS GANDEIROS - uploads/9/news/imagen-solicitude_inorde.png]

As bases que regulan a venda destes exemplares foron aprobadas pola Comisión Executiva deste organismo o pasado 11 de marzo, e publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia

Os animais que se poden adquirir son: Galiña de Mos, Porco Celta, Ovella Galega e Cabra Galega

Para máis información poden consultarse as bases publicadas  e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:

Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE

 

O Inorde abre o prazo para adquirir os seus animais de razas autóctonas en perigo de extinción :

Galiña de Mos

O prezo por unidade dos polos dun día de raza “Galiña de Mos” é de 1 euro. Para elo, os interesados deberán ter rexistro de gandaría (REGA).

Ovella Galega e Cabra Galega

No caso da Ovella e da Cabra Galega o seu prezo será de 60 euros por animal para as femias maiores de seis meses inscritas no Libro Xenealóxico, e de 40 euros para as ovellas menores de seis meses e de 45 euros para as cabras de menos de seis meses.

Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación ovino/caprino. Ademais, no momento da entrega deberán acreditar que teñen un carneiro (no caso da ovella galega) ou castrón (no caso da cabra galega) de dita raza ou cursada a correspondente solicitude deste animal. Así mesmo, comprométense a non sacrificalos no prazo dun ano e as cordeiras e as cabritas deberán cruzarse, exclusivamente, con machos inscritos no libro xenealóxico.

Porco celta

A venda de Porco Celta será de lotes máximos por solicitante e ano de porcas xestantes ou porcas de recría 4 unidades, e de verrons, 1 unidade. Os prezos serán os de mercado e tomaranse como base os publicados na prensa provincial e autonómica cada semana. Os solicitantes deberán estar en posesión do código de explotación porcina, estar dado de alta nunha agrupación de defensa sanitaria, no caso de solicitantes de porcas de recría deberán acreditar que dispoñen dun verrón de raza de porco celta, e terán prioridade os gandeiros que teñan na súa explotación porcos inscritos no libro xenealóxico de raza porco celta.

Ademais, os solicitantes comprométense a que as porcas preñadas de recría e verróns inscritos no libro xenealóxico, a non sacrificalas no prazo dun ano, así como a cruzar as porcas exclusivamente con machos inscritos neste libro.

Solicitudes

Os interesados en adquirir ditos animais poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 31 de decembro de 2022. Os animais irán entregándose, no caso de cumprir con todos os requisitos esixidos en ditas bases, en rigorosa orde de rexistro, revisándose as listas os días 1 e 15 de cada mes. En todos os casos, o transporte de ditos animais corre por conta do gandeiro.

Para máis información poden consultarse as bases publicadas  e os enlaces de descarga das solicitudes dende a PÁXINA DO INORDE:

Razas Autóctonas: Normativa e Solicitudes – Instituto Ourensano de Desarrollo Económico – INORDE

BOP: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=72&fecha=20220329


Limpar

ESTIVEMOS PRESENTES NA "I FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS DA MARIÑA" NO VALADOURO.

3 de febreiro de 2018. O Valadouro (Lugo)
[ESTIVEMOS PRESENTES NA "I FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS DA MARIÑA" NO VALADOURO. - uploads/9/news/img-20180203-wa0020.jpg]

No concello do Valadouro, na provincia de Lugo, celebrouse o sábado 3 de febreiro a primeira edición dunha nova Feira de Razas Autóctonas. Baixo unha carpa concentrouse un importante número de cabezas de gando bovino, ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES NUNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO GRELO NAS PONTES.

10-11 FEBREIRO 2018. AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
[AS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES NUNHA NOVA EDICIÓN DA FEIRA DO GRELO NAS PONTES. - uploads/9/news/27750533_1131597223636862_5257409045412931105_n.jpg]

Os días 10 e 11 de febreiro celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez unha nova edición da Feira do Grelo. Paralelamente realizouse unha mostra de razas autóctonas na que participaron os criadores Michiel ...

Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES EN FIPORCO 2018.

27 XANEIRO 2018. SARRIA (LUGO).
[AS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES EN FIPORCO 2018. - uploads/9/news/img-20180127-wa0002.jpg]

O sábado día 27 de xaneiro, celebrouse a II Feira Internacional do Cerdo e dos seus produtos en Sarria. Estivemos presentes  cun stand en representación das nosas razas autóctonas. Con abundante información e asesoramento sobre ...

Ler Máis »

CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A CABRA E A OVELLA GALEGA EN PONTEAREAS

24 xaneiro 2018. Ponteareas (Pontevedra)
[CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A CABRA E A OVELLA GALEGA EN PONTEAREAS - uploads/9/news/diapositiva1.jpg]

O mércores 24 de xaneiro, celebrouse unha xornada divulgativa sobre a Ovella Galega e Cabra Galega, no CIFP A GRANXA de Ponteareas. As charlas que foron impartidas pola mañá a cargo da directora técnica das ...

Ler Máis »

Concurrido desfile de Gando no San Froilán.

Lugo. 7 de outubro de 2017
[Concurrido desfile de Gando no San Froilán. - uploads/9/news/22310554_1064404057022846_1876664593821348527_n.jpg]

Polas rúas do centro de Lugo o día 7 de outubro houbo un bonito desfile de gando no que participaron as nosas razas autóctonas. Alí estiveron un galo e unha Galiña de Mos que transportaron ...

Ler Máis »

OS PRODUTOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, GALIÑA DE MOS E CABRA GALEGA ESTIVERON NAS DEGUSTACIÓNS DE EXPOLUGO.

Lugo. 7 e 8 de outubro 2017
[OS PRODUTOS DAS RAZAS CACHENA, VIANESA, GALIÑA DE MOS E CABRA GALEGA ESTIVERON NAS DEGUSTACIÓNS DE EXPOLUGO. - uploads/9/news/img-20171010-wa0010.jpg]

Con motivo da feira Expolugo tamén houbo unha serie de degustacións e presentacións de produtos das nosas razas autóctonas, durante os dous días que durou a feira. Estiveron presentes 15 marcas comerciais de produtores que ...

Ler Máis »

REMATA UNHA EXITOSA EXPOSICIÓN DE BESTIARIUM NA CIDADE DE LUGO

Lugo. 28 setembro-25 outubro 2017.
[REMATA UNHA EXITOSA EXPOSICIÓN DE BESTIARIUM NA CIDADE DE LUGO - uploads/9/news/20171024_121042.jpg]

A exposición de fotografías Bestiarium, que estivo na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, remata cun grande éxito de visitantes. Na exposición ademáis das fotografías, os visitantes poderon ver vídeos das nosas razas ...

Ler Máis »

INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN BESTIARIUM EN LUGO

28 sep 2017
[INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN BESTIARIUM EN LUGO - uploads/9/news/20170928_203016.jpg]

A exposición fotográfica Bestiarium, que se inaugurou na Sala de Exposicións da Deputación de Lugo o xoves 28 de setembro, causou un gran impacto, xa que son imaxes moi diferentes das nosas razas autóctonas.  É ...

Ler Máis »