O ESCAPARATE DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS.
Feira Internacional de Galicia-Silleda. do 9 ao 12 de xuño de 2016
BOAGA ven de organizar para a sección de gandeiría desta edición da FEIRA ABANCA SEMANA VERDE 2016, unha exposición de exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega e Frieiresa.
En vacuno realizaranse os seguintes concursos:
- II CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ.
- III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ.
- IV CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA.
- V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA.
Os asistentes á feira tamén poderán adquirir exemplares de raza Galiña de Mos no “mercado de aves vivas”, catro criadores ofertarán poliños de diferentes idades en venda para todo o público que desexe obter exemplares vivos da raza para levar aos seus galiñeiros.
E disfrutar coa celebración do 3º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS, que comprende as modalidades:
-IX CONCURSO MONOGRÁFICO DA RAZA GALIÑA DE MOS.
Na súa novena edición, o monográfico da raza valorará aos mellores exemplares individualmente.
-5ª EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DE GALIÑA DE MOS – SEMANA VERDE 2016.
En lotes de tres galiñas e un galo, os mellores lotes de exemplares concursarán no campionato
-2º CONCURSO A GALIÑA DE MOS E OS SEUS POLIÑOS.
Unha ducia de galiñas con poliños incubados por elas mesmas e nados nestes días, serán valoradas polo público, observando o lote de poliños coa súa nai, ademáis do deseño dos galiñeiros. Entre o público participante sortearase un lote de produtos da raza.
Neste concurso de "galiñas con poliños" serán os asistentes á feira os que determinen o gañador. Se depositan nunha urna un cupón co seu preferido, e polo mero feito de participar na votación optan a gañar un lote de produtos da raza Galiña de Mos.
A entrega dos premios dos concursos das razas bovinas e de galiña de mos levarase a cabo o domingo 12 de xuño a partir das 19:00 horas.
ESPERÁMOSVOS A TODOS.