Subvención Vicepresidencia Deputación de Lugo

PROGRAMA DE PROMOCIÓN E DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS
UN GUSTO DE RURAL, UN RURAL DEGUSTO
Tendo en conta a importancia da divulgación das cualidades das nosas razas autóctonas, con motivo da celebración de diversas feiras agropecuarias na provincia de Lugo, promocionamos os produtos con degustacións e visualización in situ das nosas razas autóctonas e as súas producións.
Estas actividades están subvencionadas pola área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, estando encadradas dentro do Programa “Un gusto de rural, un rural degusto”.
Ademais, a divulgación actual das nosas razas, debe chegar ao cidadán en xeral, especialmente o ubicado nas ciudades, que en moitos dos casos son descoñecedores dos valores que teñen as nosas razas en canto á conservación do territorio. Así, desenvolvemos un espazo fotográfico itinerante, denominado “Gardiáns”. Esta mostra do fotógrafo Jorge Arévalo, lonxe de ser un catálogo de animais, o percorrido que se nos ofrece, afonda no vínculo que se xera entre eles e as persoas, relación que define tamén a propia cultura labrega.
Nas redes sociais deBOAGA tanto en facebook https://www.facebook.com/federacion.autoctonasgalegas/?locale=es_ES (@federacion.autoctonasgalegas) coma en instagram https://www.instagram.com/boagafontefiz/ (@boagafontefiz), pódese seguir a promoción que facemos ao longo de todo o ano, deste programa de promoción singular.
