Subvención Deputación da Coruña

APOIO Á PROMOCIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS NA PROVINCIA DA CORUÑA E Á FORMACIÓN DOS GANDEIROS, NA MELLORA DA PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN.

CONVOCATORIA FO028A - Programa de subvencións dirixido ás entidades asociativas ,federacións e agrupacións de entidades agrarias, labregas, gandeiras e forestais da provincia da Coruña para actividades.

Galicia conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas gandeiras autóctonas, que constitúen un patrimonio xenético, ambiental, histórico e cultural, xa que ademais de axudar na xestión do territorio e na modelaxe das distintas paisaxes da nosa terra, serven como exemplo de gandería sostible, xa que son esenciais na adaptación ás condicións socioeconómicas e ambientais cambiantes, incluído o cambio climático.

Tendo en conta a importancia da divulgación das cualidades das nosas razas autóctonas, con motivo da celebración de diversas feiras agropecuarias na provincia da Coruña, grazas a esta subvención da Deputación da Coruña se promocionan os produtos con degustacións e visualización insitu das razas e as súas producións.

A promoción e a divulgación das nosas razas autóctonas, cos espazos publicitarios en feiras, son unha actividade esencial para o coñecemento delas e así, os novos gandeiros as podan coñecer e asesorarse na súa crianza e tamén, os consumidores familiarizarse cos seus produtos, podéndoos despois demandar nos mercados  e contribuíndo desta maneira a unha mallor crianza destes animais.

Por outra banda, a formación do gandeiro coma empresario, implica a adopción de técnicas de manexo tanto do seu gando coma dos produtos das razas autóctonas. Así realizaremos unha campaña de formación específica para os productores que efectúen a venda directa dos seus produtos en técnicas de bo manexo do gando e boas prácticas de manexo e hixiene do produto final. Esta formación chegará tamén a grupos de consumidores e hostaleiros interesados na comercialización da produción.

Por último, na mellora da cabana gandeira, inflúe en gran medida, a adopción de técnicas sanitarias adaptadas a este tipo de producións, con asesoramento sanitario específico, sobre todo en enfermidades transmisibles, polo que se incidirá neste aspecto cunha campaña específica nas granxas dos criadores de razas autóctonas da provincia da Coruña.

Desta maneira as actividades para as que se promocionan para esta axuda son as seguintes:

-Promoción das razas autóctonas e os seus produtos, con degustacións e visualización in situ dos animais en feiras específicas.

-Actividades de formación dos gandeiros nas técnicas de manexo do gando e da comercialización das producións.

-Actuacións en materia sanitaria para unha mellora das producións das razas autóctonas galegas.

Nas redes sociais deBOAGA tanto en facebook https://www.facebook.com/federacion.autoctonasgalegas/?locale=es_ES (@federacion.autoctonasgalegas) coma en instagram https://www.instagram.com/boagafontefiz/ (@boagafontefiz), pódese seguir a promoción que facemos ao longo de todo o ano, deste programa de actividades grazas á DEPUTACIÓN DA CORUÑA