MT809G - Axudas económicas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en ganderías para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo.

PRAZO DE SOLICITUDE ATA 23/01/2025
[MT809G - Axudas económicas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en ganderías para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo. - news/PROCEDEMENTO_PASTORES_MT809G.png]

Obxecto

O obxecto desta axuda é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para a contratación de persoas coidadoras de gando en explotacións gandeiras, para pastoreo e manexo do gando como medida preventiva dos danos que poida ocasionar o lobo, procedendo á súa convocatoria para os exercicios orzamentarios dos anos 2023 e 2024.

Vai dirixido ás persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Prazo de presentación: 24/12/2024 00:00 - 23/01/2025 23:59

MÁIS INFORMACIÓN EN: MT809G - Axudas económicas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en ganderías para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia