MT809F - Axudas económicas aos custos derivados da instalación de valados fixos para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo.

Prazo de presentación ata 23/01/2025
[MT809F - Axudas económicas aos custos derivados da instalación de valados fixos para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo. - news/MT809F_VALLAS_FIXAS.png]

O obxecto desta axuda é Establecer unha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques de lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, incentivando a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poida ocasionar esta especie.

A quen vai dirixido?

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Prazo de presentación: 24/12/2024 00:00 - 23/01/2025 

Concicións e presentación de axudas no  seguinte enlace:

MT809F - Axudas económicas aos custos derivados da instalación de valados fixos para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia