MT809D - Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres.

PRAZO DE PRESENTACIÓN ATA 10/01/2025
[MT809D - Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres. - news/AXUDAS_PREVENCIÓN_LOBO.png]

Obxecto

1. Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2025.

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A QUEN VAI DIRIXIDO?

1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo:

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

2. Liña para a prevención de danos ocasionados polo oso:

Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas asentadas en concellos zona oseira e área de influencia (anexo III).

3. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril:

Poderanse acoller a estas axudas:

a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), creado mediante o Decreto 200/2012, de 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia e modificado pola disposición derradeira terceira do Decreto 125/2014, do 4 de setembro, polo que se regula en Galicia a venda directa de produtos primarios desde as explotacións á persoa consumidora final.

b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

4. As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Prazo de presentación: 11/12/2024 00:00 - 10/01/2025 23:59

MÁIS INFORMACIÓN EN: MT809D - Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia