Limpar
uploads/9/news/fot-desfile-pita_ovella_cabra.jpg

CONCURRIDO DESFILE DE GANDO POLAS RÚAS DE LUGO

6 de Outubro 2018. Lugo

As rúas do centro da cidade de Lugo, asistiron o pasado 6 de outubro a un desfile de gando polas rúas do centro da cidade, co que daba comezo outra edición da feira Expolugo. Entre ...


Ler Máis »

uploads/9/news/0-fot-criadores_familia.jpg

EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS E RESULTADOS DO VI CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO PROVINCIAL DA RAZA GALIÑA DE MOS.

6-7 Outubro 2018. LUgo

Os días 6 e 7 de outubro celebrouse unha nova edición de Expolugo A Rural. Contou cunha importante exposición de gando procedente de explotacións da provincia de Lugo, no que houbo exemplares das razas bovinas ...


Ler Máis »

uploads/9/news/44027741_2019322878127889_7029831895466639360_n.jpg

AS RAZAS OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTARÁN PRESENTES NA NOVA GRANXA ESCOLA “A CAPILLA” EN LENTELLAIS

12 outubro 2018. O Bolo (Ourense)

O venres 12 de outubro, presentouse a nova Granxa Escola “A CAPILLA”, na parroquia de Lentellais en O Bolo (Ourense). Esta granxa escola,  é propiedade de María Elisa Camino Leiro, criadora das razas Ovella Galega ...


Ler Máis »

uploads/9/news/fot-muras-2017.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTARÁN NA XXXI FEIRA DO POLDRO EN MURAS

23 setembro 2018. Muras (Lugo)

Este domingo celébrase a tradicional "Feira do Poldro e do Gando do Monte" en Muras. Como tódolos anos, a feira comezará ás 10:00h no monte da Gañidoira con varias actividades. Alí estaremos, cun posto onde ...


Ler Máis »

uploads/9/news/maceda-1.jpg

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON EN MACEDA

15 agosto 2018. Maceda (Ourense)

O 15 de agosto, o lugar escollido para a exposición de gando das distintas razas autóctonas de Galicia que se celebrou con motivo da Feira Medieval de Maceda, foi a carballeira que rodea o Castelo ...


Ler Máis »

uploads/9/news/img-20180610-wa0024.jpg

ÉXITO DE COMERCIALIZACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN SALIMAT 2018

7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra

No Salón da Alimentación do Atlantico, que se celebrou en Semana Verde, na zona "DE NOS A VOS" espuxeron productos 100% RAZA AUTÓCTONA, os seguintes criadores: (ENLACE FOTOS STANDS CRIADORES RAZAS AUTÓCTONAS E SALIMAT.) ·         “GANADERÍA ...


Ler Máis »

uploads/9/news/20180610_133525.jpg

UN ANO MÁIS ÉXITO ROTUNDO NO RESTAURANTE TAPIRAZAS

7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra

Este ano o restaurante Tapirazas foi un fervedoiro de comensais!, tanto que nos 4 días das degustacións superáronse as previsións de anos anteriores, e agotouse a mercancía. Aoredor de 1000 menús foron servidos polo cociñeiro ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto-familia-recortada.png

AS RAZAS AUTÓCTONAS E OS SEUS CRIADORES TRIUNFARON EN SEMANA VERDE 2018

7-10 de xuño 2018. Silleda- Pontevedra

Este ano 2018, as razas autóctonas galegas foron as auténticas protagonistas, con exposicións e concursos de todo tipo. Este ano participaron un total de 52 criadores das seguintes razas autóctonas: 6 criadores de Cachena, 3 ...


Ler Máis »

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014

do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)
uploads/9/news/programa-xornadas-tecnicas-2014-silleda.png

Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, tanto dos seus socios coma do público en xeral. Con elas pretendemos dar a coñecer distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos.

Na primeira xornada, venres 13 xuño, trataremos temas importantísimos como a nova PAC, tema de actualidade,que nos vai a rexer a todos durante os próximos sete anos e será unha da primeira ponencia que se fará tras o remate da PAC/2014, tendo xa encima da mesa os temas xa máis avanzados para a PAC 2015/2020.

Estarán tamén presentes as enfermidades do gando, como o IBR, BVD, e a Paratuberculose,que son consultadas moitas veces ós nosos servizos veterinarios, contando nas ponencias cos mais expertos neses temas.

Na xornada do sábado 14 xuño, dous temas ligados á terra, ponencias que de seguro serán interesantes e amenas, sobre a realidade da distribución da terra en Galicia a cargo de F.Ónega,e outra de Luis, técnico e gandeiro que nos contará a súa experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na  propia explotación e os custes asociados e como repercuten no rendemento do noso gando.Pola tarde, unha explotación de Ovella  Galega, que duns poucos animais pasa a ser unha das mellores explotacións, non so de Galicia senón de toda España, sendo a súa dona recoñecida por esta labor con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da gandería con dignidade e asemade cun gran orgullo de selo.

Na xornada final, Domingo 15 xuño, a nosa Galiña de Mos, a primeira raza de galiña de España, será a protagonista,incidindo na alimentación das explotacións artesanais e dun novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos comparada con estirpes industriais

Máis información pinchando no seguinte enlace do programa adxunto: XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX)


|
| © Boaga 2020