Limpar
uploads/9/news/tarjeton_hr3j_1.peg

UN RESTAURANTE DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR

Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense do 6 ao 10 de marzo, é unha feira que alcanza a súa décimo cuarta edición e que transforma o recinto de Expourense nun gran centro de restauración. En 12.000 metros cadrados cubertos recréase unha vintena de restaurantes con todos os detalles e servizos. O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que se elaboran os menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo.


Ler Máis »

uploads/9/news/cabra_galega_gandagro.jpg

A Cabra Galega cobrou protagonismo na feira monográfica de GandAgro

O segundo monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, que se celebrou no recinto da Feira Internacional de Galicia do 8 ao 19 de marzo, contou cunha ampla representación das razas autóctonas galegas que ...


Ler Máis »

uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, ...


Ler Máis »

NOVO CONVENIO 2018 ABANCA-BOAGA

Xuño 2018.
uploads/9/news/img-20180608-wa0100.jpg

ABANCA e a Federación de razas autóctonas de Galicia (Boaga) renovaron o convenio financiero, co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a viabilidade económica do primario galego. Este convenio é a continuación do asinado no 2017 con condicións melloradas.

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, os asociados poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasingmobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe o acceso a toda a oferta para o sector agro-gandeiro.

Do mesmo xeito, os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Para todos os socios das asociacións integradas en Boaga, que estean interesados poden descargar o documento a través do seguinte enlace CONVENIO 2018 FINANCIEIRO DE COLABORACIÓN BOAGA-ABANCA.

Ademais os socios que estean interesados en adquirir algún produto ofertado no convenio, deberán solicitarnos o certificado de pertenza á asociación correspondente, chamando ao teléfono da Federación 634548600 , e posteriormente achegarse á súa oficina de Abanca.

Tamén hay un enlace permanente, que está á dereita no menú principal da web de BOAGA. CONVENIO FINANCIEIRO DE COLABORACIÓN BOAGA A BANCA

 


|
| © Boaga 2020