Limpar

ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
[ÉXITO NA EXPOSICIÓN E VENDA DE PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS - uploads/9/news/stand-ganaderia-juan-m-lage.jpg]
No pavillón número 1 do recinto feiral, celebrouse o Salón da Alimentación do Atlántico – SALIMAT, onde houbo 11 produtores das razas Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos que participaron no espazo para as ...
Ler Máis »

GRANDE ÉXITO DA CARNE DE AUTÓCTONAS NO RESTAURANTE TAPIRAZAS (SALIMAT 2014)

Salimat-Semana Verde 2014. Silleda (12-15 de xuño de 2014)
[GRANDE ÉXITO DA CARNE DE AUTÓCTONAS NO RESTAURANTE TAPIRAZAS (SALIMAT 2014) - uploads/9/news/img_9133.jpg]
No restaurante TapiRazas, propiedade da Federación de razas autóctonas de Galicia -BOAGA, fixemos degustacións de todas as nosas razas autóctonas. Os menús foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel- Fragas do Eume, de Pontedeume, capitaneados ...
Ler Máis »

SALIMAT COMERCIALIZARÁ CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
[SALIMAT COMERCIALIZARÁ CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE DE SILLEDA DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014 - uploads/9/news/img_5685.jpg]
Doce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación de Razas autóctonas de Galicia - BOAGA, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en ...
Ler Máis »

PRESENTACIÓN DUN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS, SALIMAT -SEMANA VERDE 2014

DO 12 AO 15 DE XUÑO DE 2014, RECINTO FEIRAL DE SILLEDA (PONTEVEDRA)
[PRESENTACIÓN DUN MENÚ DEGUSTACIÓN CON RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO TAPIRAZAS, SALIMAT -SEMANA VERDE 2014 - uploads/9/news/tapirazas-2014.png]
Neste ano 2014 e dentro das actividades a celebrar do 12 ao 15 de xuño no XVIII Salón de Alimentación do Atlántico – Salimat, no pavillón nº 1 do recinto feiral de Silleda, dentro da ...
Ler Máis »

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014

do 13 ao 15 de xuño de 2014. PAVILLÓN DE GANDERÍA, nº3 (O carón do Stand de BOAGA)
[XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN(RR.AA.GG.PEX) NA SEMANA VERDE 2014 - uploads/9/news/programa-xornadas-tecnicas-2014-silleda.png]
Un ano mais, coincidindo coa 37 Edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, BOAGA (Federación de Razas Autóctonas de Galicia) organiza unhas xornadas técnicas de Razas Autóctonas Galegas co fin de fomentar a formación ...
Ler Máis »

AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE PRODUCTOS DO CAMPO E ARTESANÍA EN LUGO.

23-25 maio 2014 -Lugo
[AS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE PRODUCTOS DO CAMPO E ARTESANÍA EN LUGO. - uploads/9/news/img-20140524-wa0004.jpg]
Estase a celebrar a Feira de artesanía e produtos do campo na praza Agro do Rolo, no barrio da Milagrosa en Lugo. O criador Jorgue Anguez, de Triacastela de “Cachenas de San Breixo”, está cunha ...
Ler Máis »

EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA 1 DE MAIO 2014

1 de maio de 2014. Recinto feiral "Manuel Vila" - Muimenta
[EXPOSICIÓN RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA 1 DE MAIO 2014 - uploads/9/news/festa-da-filloa-en-muimenta-1-de-maio-de-2014.jpg]
30.04.2014. Mañá día 1 de maio celebrarase en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Este evento sempre vai acompañado dunha serie de actividades entre as que ...
Ler Máis »

PREGUNTAS MAIS FRECUENTES SOBRE A PAC 2014-2020 E SOBRE AS CESIÓNS DE DEREITOS DE PAGO ÚNICO

29 de abril de 2014
[PREGUNTAS MAIS FRECUENTES SOBRE A PAC 2014-2020 E SOBRE AS CESIÓNS DE DEREITOS DE PAGO ÚNICO - uploads/9/news/dsc06905_1.jpg]
Os documentos que se anexan a continuación  non teñen carácter legal senón informativo, e o seu obxecto é contribuir a respostar ás preguntas mais frecuentes que adoitan formularse en relación coas novas axudas directas da ...
Ler Máis »

Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas

[Posta de largo dos produtos derivados das razas autóctonas - uploads/9/news/foto_posta_de_largo.jpg]

O 3 de novembro realizouse no recinto feiral de Silleda (Pontevedra) unha presentación de produtos gastronómicos derivados das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción ante máis de 180 profesionais dos sectores da hostalería, a carnicería, a venda delicatessen e o turismo, ademais de medios de comunicación. Tratouse dun acto exclusivamente profesional coorganizado pola Fundación Semana Verde de Galicia e a Consellería do Medio Rural, coa colaboración de Boaga e Puraga, co obxectivo de promocionar de forma conxunta todas as razas e impulsar o consumo e a comercialización da súa produción.

A parte máis atractiva da xornada foi a completa degustación de pratos elaborados con carnes destas razas polos alumnos do Centro Integrado de Formación Profesional Compostela, baixo a dirección do profesor Rafael Brantuas; Boaga encargouse de contactar cos criadores para abastecer aos cociñeiros das distintas pezas solicitadas. Integraron o menú estas 11 propostas culinarias: sopa de Galiña de Mos con castañas asadas, Galo de Mos en escabeche con follas frescas, tirabuzóns de presa de Porco Celta con mollo de boletos, Cordeiro de Ovella galega con mollo de améndoas, cabrito de Cabra Galega á cazadora con ceboliñas, poldro de Cabalo Galego ao viño de mencía, roastbeef de tenreira Cachena, tacos ao allo de tenreira Caldelá, tenreira Frieiresa ao caldeiro, carbonada de tenreira Limiá e carpaccio de tenreira Vianesa.

O xantar foi inaugurado polo daquela conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e conforme se ía servindo cada prato, os técnicos das asociacións de criadores de cada raza explicábanlles aos comensais as principais cualidades do produto.

O programa deste evento incluíu ademais unha serie de charlas técnicas previas á degustación. A sesión comezou cunha presentación das características morfolóxicas e cárnicas das razas autóctonas galegas a cargo do director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, quen na súa intervención destacou que para que exista unha demanda destes produtos é fundamental que antes se dean a coñecer.

Seguidamente interveu Constantino Bragado, mestre carniceiro do Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), que falou das novas orientacións no comercio minorista de carnes e insistiu na necesidade de adaptarse aos tempos e buscar a profesionalización tanto dos gandeiros coma dos transformadores industriais e do persoal técnico das oficinas. No terceiro relatorio da mañá tamén participaron traballadores do Ceteca. Daniel Franco, responsable do Laboratorio Físico-Químico, e José Manuel Lorenzo, responsable do Laboratorio de Cromotografía, profundaron nas calidades da canal e carne das razas autóctonas galegas e nos aspectos prácticos para unha correcta maduración e conservación; tras a explicación levaron a cabo unha cata de lombo de poldro para testar a aceptación deste produto entre os consumidores.

A quenda de conferencias rematou coa cooperativa galega Monte Cabalar e a presentación que fixo dun novo salchichón preparado con carne magra de poldro e touciño de Porco Celta, salientable pola pouca cantidade de graxa, a riqueza en omega 3 e o suave sabor a caza.

Ao longo deste día, o recinto feiral mantivo unha exposición de varios exemplares de autóctonas no exterior, e da carne crúa destes animais e mais de folletos informativos, catálogos e revistas no interior das instalacións.